23 de nov. de 2012

MISTER LIBRO INFORMA DA CHEGADA DO NOVO AXUDANTE


-Ola amiguiños!
Estou moi contento!
Por fin atopei @ axudante de biblioteca perfecto!
Coñecino navegando polo mar das lecturas e pedinlle que me botase unha man. Digo, unha man? Máis ca unha man!  Oito “mans” dispostas a traervos as historias de tesouros agochados na nosa ría, e espallalas por todo o colexio e ata, por toda a parroquia e máis alá!
Pero… hai un problema… este personaxe évos moi guasón e non me quere dicir como se chama. Así que vós teredes que probar a descubrilo. Podedes pedir axuda na casa aos pais, aos avós, a irmáns maiores (aqueles que “navegan” moito, ao mellor xa @coñecen). Vale preguntar aos pescadores e aos mariñeiros e tamén buscar nos libros… Ánimo! Hai que conseguilo!
Eu tamén axudo! Cando saibamos como chamarlle, gustaríame retirarme a descansar.
Xoguemos a NOMEAR!
Un biquiño de papel.
Muá, muá!


Ningún comentario:

Publicar un comentario