12 de xuño de 2014

PROGRAMA DE RADIO DAS LETRAS GALEGAS 2014

Como todos os anos, no CEIP de Cedeira realizamos un programa de radio sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas. Neste ano Xosé María Díaz Castro foi o elixido pola Real Academia Galega. Na elaboración do mesmo participou alumnado de distintas aulas do colexio.

4 de xuño de 2014

ESTAMOS NA ONDA!

O venres 30 estivemos na emisora de Radio Redondela participando en directo co noso programa “Polo mundo adiante”. Foi unha experiencia moi emocionante, sobre todo pensando que estabamos sendo escoitados dende lugares tan lonxanos como Bogotá, Brasil, Cuba, Angola, Mozambique … por tanta xente! A organización Ponte nas Ondas, que acolle a centros educativos de Galicia e de Portugal, celebraba así o seu vinte aniversario cunha maratón radiofónica que comenzou ás 10.00 horas e rematou ás 22.00horas. Se non poidestes escoitarnos o venres, subiremos a grabación que fixemos no colexio, a modo de ensaio. 



24 de abr. de 2014

23 de abril: Día do Libro

Desde 1926, cada 23 de abril celébrase o Día do Libro; nesa data falecían Cervantes e Shakespeare. Tamen nun 23 de abril naceron -ou morreron- outros escritores eminentes come Maurice Druon, K. Laxness, Vladimir Habokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. Por este motivo, esta data tan simbólica para a literatura universal foi a escollida pola Conferencia Xeral da UNESCO para render unha homenaxe mundial ao libro e aos seus aurtores e a lentar a todos, en particular aos máis xoves, a descubrir o placer da lectura e respectar a irremplazable contribución dos creadores ao progreso social e cultural. No noso colexio, desde os nenos e nenas de E.I. ata os maiores, conmemoramos o día con varias lecturas realizadas na biblioteca e nas aulas.

21 de abr. de 2014

RAMÓN CARIDE FÁLANOS DE "PERIGO VEXETAL"

O xoves 10 de abril, os alumnos e alumnas de 6º recibiron a visita de Ramón Caride, autor dun dos libros que estiveron a ler durante este curso: "Perigo vexetal" (Premio Merlín en 1995). Ao longo dunha sesión puideron charlar con el sobre aspectos interesantes do libro e do autor. A continuación tedes unhas imaxes do encontro con Ramón Caride e, máis abaixo podedes ler as preguntas e respostas da entrevista.

13 de feb. de 2014

DÍA MUNDIAL DA RADIO



-     Hoxe 13 de febreiro celébrase o día mundial da radio. Imos ler un Manifesto en apoio da radio nas escolas



-  Facemos un pouco de historia:

“As radios escolares comezaron a implantarse en Galicia e no Norte de Portugal  a comezos dos anos 90. Do mesmo xeito, en America Latina proliferaron diversas modalidades de radios educativas e comunitarias. Desde entón, diversas foron as actividades e experiencias realizadas por cada unha delas sendo unha das máis importantes a participación ano a ano no programa de
Radio Interescolar Ponte...nas ondas! “


-     Por todo isto a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas! e aAsociación Internacional de Radios Educativas ( AIRE ), representando ás escolas que traballamos coa Radio Escolar e uníndonos ao chamamento da UNESCO para celebrar o Día Mundial da Radio, MANIFESTAMOS:



1. Que as voces dos nosos xoves teñen dereito a expresarse nun medio de comunicación directo, simple e actual.

 2. Que un dos obxectivos da radio escolar é educar aos mozos e mozas en valores como a tolerancia, a solidariedade, a igualdade e a colaboración
a través do seu uso activo.

 3. Que as nosas voces precisan ter unha canle de difusión, facilitada pola administración, para poder establecer pontes coas nosas emisións, coas nosas familias e con outras realidades.
 
4. Que as distintas administracións educativas deberían fomentar a implantación e desenvolvemento das radios escolares como xeito doado de envolver aos nosos mozos e mozas en todas as fases de creación e produción nun medio de comunicación. Para iso, cremos imprescindible
que a administración cree un canal de radio exclusivo para as radios escolares.
 
5. Que a radio escolar constitúe a más eficaz ferramenta para a conformación das competencias comunicativas dos futuros cidadáns.
E para que as boas ondas cheguen por AIRE aos mellores oídos, así o proclamamos no Día mundial da radio o 13 de febreiro de 2014.