5 de mar. de 2015

Ola amiguiños: Xa me coñecedes, son Tinteiro, a mascota da biblioteca.
Fai tempo que non estamos en contacto porque na biblio de Cedeira estivemos de mudanza.
Agora a biblioteca está no 1º andar da escola!.
Os cambios soamente son para a situación, o resto segue igual. A biblioteca esta aberta nos recreos e podedes coller ou deixar libros todos os días da semana e os alumnos de 6º continúan axudando para que todo funcione ben.
Vouvos poñer ao día das novidades deste novo curso.
Neste ano o noso proxecto xa non é sobre ás viaxes, desta volta non viaxo, senón que vou mercar.
O proxecto chámase MERCADEANDO e con el imos aprender moitas cousas sobre as tendas, as feiras, os mercados o comercios... Coido que vai resultar moi interesante!!!
 
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario