27 de dec. de 2016

GUÍA NADAL

Ola!!! Bo Nadal a tod@s. Como é tempo de agasallos, deixámosvos unhas recomendacións para que nun oquiño da carta metades un libro, para este Nadal. Premede na imaxe e veredes a Guía de Nadal que vos propón o equipo de biblioteca. Felices Vacacións!!!


12 de dec. de 2016


CONTACONTOS
O luns 5 de  decembro tivemos no cole  unha sesión de contacontos a cargo do grupo "Polo correo do vento",que nos veu contar a vida de Ángeles Alvariño.
María de los Ángeles Alvariño ( Serantes, Ferrol 1916- San Diego 2005) foi unha científica galega de recoñecemento internacional. Os seus traballos tiveron especial relevancia e aplicación na oceanografía e na bioloxía mariña. Descubriu 22 especies novas de organismos mariños, participou en diversas expedicións científicas  e escribiu case un cento de artigos sobre diferentes materias relacionadas co mundo oceánico que a apaixoaba.
Esta pequena biografía, primeiro volume da colección "Mulleres galegas", trata de achegar ao público máis novo a vida e a obra da científica galega.



              Aquí vos deixamos unhas fotos das sesión de hoxe.  





 Ademais ,despois de todo o que descubrimos sobre tan interesante muller, ocurríusenos facer cada un unha caricatura de Ángeles  Alvariño ,e con elas montamos esta pequena exposición no corredor

                               

 
















1 de dec. de 2016


CULTURGAL 2016

Este próximo fin de semana temos a oportunidade de pasar un rato divertido no Pazo da Cultura de Pontevedra.Podedes ver a programación de cada un dos días  en www.cultur.gal


29 de nov. de 2016




130 aniversario de castelao


Neste ano 2016 cúmprese o 130 aniversario do nacemento de Castelao e non queríamos deixar pasar a data sin facerlle a nosa pequena homenaxe.
É por iso que dende esta semana temos na nosa biblioteca unha pequena exposición da súa obra . Ademais tamén imos levar a cabo unha serie de actividades para dalo a coñecer aos nenos e nenas .
Dentro destas actividades atópanse por exemplo poñer texto a algún dos debuxos que se atopan no seus libros "Cousas" e "Nós" ou emparellar debuxos e textos.













                          


10 de nov. de 2016


CONTOS A LUZ DAS CANDEAS
Un ano máis os nenos e nenas de 5º e 6º participaron na IV edición de "Contos a luz das candeas".
E tamén baixaron á biblioteca para lerllos aos seus compañeiros e compañeiras.
Pasárono de medoooo !!!


               PREME AQUÍ PARA VER O VÍDEO    ☚

28 de out. de 2016


SEMANA DO MEDO EN CEDEIRA 
Esta semana na biblioteca podesdes visitar a exposición de contos  e libros de medo co gallo da festa do Samaín.Acercádevos e poderedes disfrutar das máis terroríficas lecturas.
Algúns e algunhas valentes xa se atreveron! E ti...serás capaz???

   

PREMIO MERLÍN DE LITERATURA INFANTIL 2016
Este ano o gañador do premio foi David Pérez Iglesias co seu libro "Todo o tempo do mundo".
Nesta historia a súa protagonista, Ariadna, lembra aqueles vinte días felices que pasaron entre a mañá en que chegou á aldea na furgoneta dos panadeiros e a mañá en que Valente, o seu avó, a deixou no aeroporto, camiño de Canadá, onde emigraron os seus pais despois de ser despedidos do traballo. Días inesquecibles de verán nos que esta rapaza de case doce anos aprendeu na casa da Albariza o nome de cada unha das árbores e a identificar o son do río e da fervenza, do merlo e do paspallás. Da man do avó Valente, Ariadna abre os ollos a un mundo que é por última vez e a unha maneira de camiñar pola vida que durará sempre. Unha novela emocionante, que paga a pena ler aos dez e aos cincuenta anos. Un relato moi fermoso que describe de que estamos feitos, como se conforma a propia vida e onde, con quen, ou como ordenamos prioridades. 
Recoméndovos a súa lectura,non quedaredes defraudados.

 

26 de out. de 2016

NÓS CELEBRAMOS O SAMAÍN
O venres 29 de outubro  celebramos o noso Samaín e tamén a        IV edición  de CONTOS Á LUZ DAS CANDEAS ,o noso certame literario máis tenebroso.
Os relatos, escritos polos alumnos/as de 5º e 6º,foron lidos na biblioteca,ambientada para a ocasión, ao longo do xoves e venres .
Tamén os nenos/as de infantil pasaron pola biblioteca para escoitar contos de medo como o de "Corre, corre cabaciña".
Ademais tivemos a nosa versión particular do Truco-trato,xa que os rapaces de sexto foron polas aulas dando caramelos a cambio de refráns en galego.
A celebración deste Samaín resultou un éxito;agardamos xa o do ano que ven.
Preme na foto para ver o vídeo desta actividade.
 
https://www.youtube.com/watch?v=NgURIbFBtCM



24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS
O luns 24 de outubro celebramos no centro  o día das bibliotecas escolares e  no colexio de Cedeira , leváronse a cabo unha serie de actividades para festexalo.
Entregáronse as mochilas viaxeiras a alumnos dos  diferentes cursos para que eles se encargasen de recordarlles aos compañeiros o funcionamentos desta actividade. 
Ademais na hora de ler os titores léronlle aos nenos un texto escrito por Ledicia Costas co gallo deste día.





                 







                                                 PREGÓN 

Una luciérnaga es una isla perdida en la noche más densa. Cien luciérnagas, una constelación misteriosa que marca el rumbo hacia otros universos. Así, con esa estrategia de luz, se organizan los libros que moran en las bibliotecas. Son caricias fosforescentes que incendian los sueños y recomponen los corazones grises hasta hacerlos recobrar su color rojo brillante. Cualquier individuo que padezca el síndrome del corazón gris, debería ponerse en manos de un experto y visitar una biblioteca.
Para escribir un libro, además de hacer malabarismos con las palabras hay que ser una desvergonzada o un loco. Un atrevido, una excéntrica descontrolada. Llevar un calcetín de lunares, otro de rayas y los pelos de punta. Una cresta como las que lucen las cacatúas sería un peinado muy interesante para un escritor. Solo las mentes más disparatadas son aptas para escribir libros. Pero para custodiarlas no es suficiente con tener un desajuste en los cables cerebrales. Es indispensable ser de fuera. Un extraterrestre.

Las bibliotecas albergan seres con antenas giratorias, cerebros millométricos que memorizan títulos rebuscados, rimbombantes, campanudos. Las personas que custodian libros siempre me han parecido criaturas singulares. Están dotadas de extremidades retráctiles que estiran y estiran hasta alcanzar aquel volumen al que parecía imposible acceder. A continuación, como si nada, se recomponen y todo vuelve a su posición natural. Parecen seres humanos, pero a poco que les observes percibirás que no son de aquí. Una de las cosas que más me fascina de los bibliotecarios es su cerebro. ¡Me parecen tan listos! Los libros fabrican pensamientos. Pasar tantas horas dentro de una factoría de ideas es bueno para tener un corazón rojo y brillante y una cabeza repleta de planes fantásticos.
Alguien me han contado que el 24 de octubre es el Día de la Biblioteca. Sería genial organizar una fiesta con confeti y pompas de jabón. Celebrarla por todo lo alto. Me encantaría vestirme para tal ocasión como el personaje de algún libro, sentarme en la mesa de una biblioteca de la ciudad donde vivo y esperar a que fueran a visitarme. En las bibliotecas puedes ser quien tú quieras. Desde Mary Poppins hasta Matilda, Atreyu, Drácula o incluso PippilottaViktualiaRullgardinaKrusmyntaEfraimsdotterLångstrump. Puedes ponerte botas de pelo, plumas, zancos y sombreros. ¡Sombreros! ¡Eso es! Imagino a una pequeña lectora acercándose a mí discretamente, atraída por los colores y formas de mi sombrero:
—Sombrerera loca, ¡qué fiesta más maravillosa! ¿Sería tan amable de servirme una taza de té?
Yo se la serviría con mucho gusto, poniendo cara de mujer refinada, y luego ambas haríamos ruido al tragar. Sonaría algo parecido a glupglupglup. Y antes de que nos diese tiempo de romper a reír de forma desenfrenada, aparecería el bibliotecario, como surgido de la nada, que para eso poseen la facultad de materializarse delante de ti en el momento más inoportuno, y nos advertiría de que las bibliotecas no son merenderos. Hay que reconocer que son únicos custodiando tesoros. Extraterrestres con el corazón rojo y brillante. Qué cosa tan extraordinaria. ¡Feliz Día de la Biblioteca!

    




AXUDANTES DE BIBLIOTECA
Un ano  máis contamos con alumnos que prestan a súa axuda durante os recreos na biblioteca do cole.
Estes son nenos e nenas  de sexto que este curso nos van axudar.
Agradecemos  moitísimo a súa colaboración.

17 de out. de 2016

17 DE OUTUBRO : DÍA DAS MULLERES ESCRITORAS


 O Día das Escritoras é unha conmemoración iniciada en España para recuperar o legado das mulleres escritoras,facer visible o seu traballo e combatir a discriminación que sufriron ao longo da historia.
Esta celebración ten lugar o luns seguinte  15 de outubro,festividade de Santa Teresa de Jesús.
Ela foi unha das primeiras escritoras e tamén das primeiras mulleres que puido firmar as súas obras co seu propio nome,pois durante séculos moitas escritoras tiveron que agochar a súa verdadeira identidade baixo seudónimos masculinos.

16 de out. de 2016

EXPOSICIÓN-HOMENAXE A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

Xa podes visitar na biblioteca a exposición de libros de Agustín Fernández Paz
Tamén podes coller aquel que máis che interese para levalo a casa;algúns son ideais para ir dándolle a benvida ao Samaín.
Pásate pola biblioteca e bota unha ollada,vanche encantar!! 

 

7 de out. de 2016

PINOCHO EN REDONDELA
Este domingo, 9 de outubro poderedes asistir a estrea do musical "O mundo máxico de Pinocho",representada pola compañía redondelana Educateatro.
Trátase dunha versión do conto clásico,con sete pezas musicais,novos persoaxes,ilusión,máxia e moito humor.
A obra  representarse o domingo  no Multiusos da Xunqueira con dúas funcions, ás 17.00 y a las 19.00 horas, e o precio das entradas é de 5 euros (3 reducido)





                            VÉMONOS NO MULTIUSOS !!!

5 de out. de 2016



                                ADEUS A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ



 O pasado 12 de xullo, mentras nos atopábamos de vacacións , enterámonos da triste nova da morte de Agustín Fernández Paz.
Fernández Paz naceu en Vilalba no ano 1947 e durante toda a súa vida adicouse a ensinanza en primaria e secundaria.
Como escritor contribuíu moitísimo a dignificación da literatura infantil e xuvenil.
Foi autor de máis de trinta obras :"Trece anos de Branca"," Aire negro","Corredores de sombra","Cartas de inverno","Fantasmas de luz"," A viaxe de Gagarin"...
O seu último libro foi "A neve interminable" do ano 2015.
A maior parte da súa obra está traducida a todas as linguas da península ibérica,pero tamén ao coreano,francés,italiano,inglés,
chino,árabe,búlgaro e bretón.
         Despedimos ao autor que tan bos momentos nos fixo pasar , el vaise,quédannos os seus libros.

19 de set. de 2016

                  
                              BIBLIOTECAS ESCOLARES                                   2016/2017


Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017  con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual.
A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.  
Nos últimos anos, as bibliotecas escolares demostraron que é posible integrar as ciencias e as humanidades nas actividades de lectura e de acceso e construción do coñecemento.

Biblioteca escolar, territorio das Artes convida a explorar fórmulas para espertar nos lectores e nas lectoras o interese por achegarse e apreciar os produtos artísticos, pero sobre todo  a experimentar o pracer de expresarse a través da música, a pintura, a arquitectura, a danza, o teatro, a literatura, a escultura, as artes visuais (cine, cómic, fotografía, videocreacións, videoxogos).












  




                                                     BENVIDOS 
                                                                          BO
                                                                    CURSO
                                                          PARA TOD@S

Aproveitamos para informarvos de que a biblioteca estará aberta ao público a partir do 3 de outubro.Agardámosvos!!!

5 de xul. de 2016

           
                     
                           BO VERÁN 
                        DE LECTURAS
                   PARA TODOS E TODAS,
                VÉMONOS EN SETEMBRO.