17 de maio de 2016

                                FELIZ DÍA DAS NOSAS LETRAS!!




13 de maio de 2016

VISITOUNOS ANTÓN CORTIZAS

O pasado luns, 9 de maio, recibimos a agarimosa visita do escritor ANTÓN CORTIZAS AMADO para comentar co alumnado de 1º e 2º o seu libro “O lapis de Rosalía”.

Foron moitas as cuestións que lle plantexaron e así souperon que a inspiración desta historia foi a súa filla Rosalía que daquela tiña “seis anos seus” (todiños, todiños dela) e que daba moitas apertas ao seu pai. Xurdiu do infinito amor que se tiñan. Agora Rosalía é unha mestra que lle ensina a nenos e nenas pequenos que falan galego a que das súas bocas sigan saindo bolboretas cada vez máis fermosas.

Agasallounos cun mini libro escrito por el  Aqueles animais da sabana” e que cada neno pode personalizar cos seus debuxos. Que ben o pasamos recitando as simpáticas rimas da avetarda, do babuino, do ñu……!!

 A tres nenos de 4º asinoulles o libro que leran o curso pasado “O merlo de ferro” e, sacando da súa bolsa máxica un subiote, ensinoulles a facer o son do merlo.

GRAZAS ANTÓN POR ENCHERES A BIBLIOTECA DE RECHOUCHÍOS E POESÍA!!






3 de maio de 2016

ENCONTRO CON ABRAHAM CARREIRO
Abraham Carreiro visitou de novo o noso cole para atoparse co alumnado de 3º e 4º, que nos últimos días estiveran xa lendo o seu libro " Estudios Tex".
Este autor-ilustrador amosounos unha vez mais como se perfilan e crean  as ilustracións dos persoaxes dunha historia e como van evolucionando ata chegar o resultado final, que é o que coñece o público.
Agradecemos a súa visita e tamén o ternos desvelado algúns dos segredos da ilustración.
Ata a próxima.