30 de mar. de 2017

MALETA DAS EMOCIÓNS

Neste mes de marzo recibimos na biblio a maleta das emocións, cargadiña de libros para ler  e ser quen de recoñecer e expresar mellor os nosos sentimentos.
As diferentes clases de infantil e primaria están indo nestes días a biblioteca para traballar cos titores este aspecto tan importante da  nosa personalidade .















                                                   




TEATRO NO MULTIUSOS



 Este venres 31 de marzo, ás 18h, no Auditorio da Xunqueira de Redondela, representarase a obra A galiña azul, escrita por Carlos Casares (autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2017).
Esta actividade forma parte de FalaRedes 2017, un programa de dinamización lingüística promovido dende a Xunta de Galicia, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

26 de mar. de 2017


ACTIVIDADES PARA O CELEBRAR 
O DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Durante a semana do 6 ao 10 de marzo levamos a cabo varias actividades para axudar a tomar conciencia sobre os diferentes problemas que afectan as mulleres polo feito de selo.
En infantil lemos o conto "O libro dos porcos" para concienciar sobre a necesidade de colaboración de todos/as nas tarefas do fogar.



Os alumnos de 1º e 2º traballaron cunha colección de libros chamada "Pequeña y grande", que tratan a vida de diferentes mulleres que destacaron nalgún ámbito (Coco Chanel,Frida Khalo...)
A historia destas mulleres ven contada en pareados e os rapeces e rapazas ordenaronas para despois ilustralas cos seus debuxos.
Os nenos e nenas de 3º tiveron que realizar unha entrevista a algunha muller traballadora do seu entorno próximo.
En 5º e 6º visionaron diferentes vídeos sobre violencia de xénero,igualdade ,brecha salarial... e elaboraron un relato colectivo, coa muller como protagonista, baseado nalgunha das problemáticas tratadas nos vídeos.
Ademais no corredor da entrada colocáronse 3 paneis referidos a dita celebración.Un deles adicado a todas as mulleres olímpicas que conseguiron medalla nos Xogos Olímpicos de Brasil 2016 e tamén a deportistas  pioneiras en tempos no que o deporte parecía so cousa de homes.



21 de mar. de 2017

DÍA DA POESÍA 2017

Non quixemos desaproveitar a ocasión de homenaxear a poeta dos nenos neste Día da Poesía 2017, ano que ademais cadra  co centenario do seu nacemento.Aquí vos deixo un vídeo no que ela mesma nos conta a súa vida.




8 de mar. de 2017


DÍA DA MULLER TRABALLADORA  



                                         PARABÉNS A TODAS!!

EDUARDO PONDAL :100 ANOS DO SEU PASAMENTO



O 8 de marzo cúmprese 100 anos do pasamento de Eduardo Pondal, que xunto con Rosalía e Curros Enríquez protagonizaron o rexurdimento da Literatura escrita en galego.
Foi ademais o autor da letra do noso himno ao que lle puxo música Pascual Veiga.
Aquí vos deixo un vídeo onde o podedes escoitar e aprender a súa letra.







3 de mar. de 2017


                                       24 DE FEBREIRO : ROSALÍATE



                                 180º  ANIVERSARIO 
Na semana do 20 ao 24 de febreiro,nos recreos de  biblioteca realizamos actividades arredor da figura de Rosalía coa finalidade de celebrar unha data tan sinalada como o 180º aniversario do seu nacemento.
Algunhas desas actividades foron por exemplo elaborar camelias para Rosalía,escribindo  cachiños de poesías en flores de papel elaboradas polos neos/nenas.
Tamén decoramos piruletas como agasallo reordatorio deste día especial e recitamos algunhas das poesías escritas por ela.
Ao longo da semana as familias fóronse achegándo  a exposición da entrada para facer fotos coas caretas de Rosalía ,e por suposto acudimos todas as clases para facer xuntiños unha foto para celebrar esta fermosa data.