26 de abr. de 2017


                                              DO LIBRO ÁS LETRAS

Dende o 23 de abril ao 17 de maio, é dicir dende o Día do Libro ao Día das Letras Galegas,no noso colexio imos ir realizando diferentes actividades encamiñadas a festexar estas dúas celebracións tan importantes.
A primeira destas actividades son os Recreos Literarios, que consisten na ubicación nos patios de Rincóns de Lectura.
Alí alumnos/as dos cursos superiores lenlles libros,contos,
poesías a quen se queira achegar a escoitalos.
Seguiremos informando de todas as actividades realizadas.

         




       
            RECREOS         


        LITERARIOS

23 de abr. de 2017

                                                
                                     
                                               FELIZ DÍA DO LIBRO


As orixes da festa do libro están ligadas a Cataluña e á celebración do Sant Jordi (San Xurxo), cando era costume que os homes agasallasen as mulleres cunha rosa e estas o fixesen cun libro.
En España a xornada comezouse a celebrar oficialmente o 7 de outubro de 1926, en conmemoración do nacemento de Miguel de Cervantes.
En 1930, a data conmemorativa foi trasladada para o 23 de abril, día do falecemento de Cervantes, que coincidía coa tradición festiva catalá.En 1995, a UNESCO  decidiu celebrar conxuntamente o Día do Libro e dos Dereitos de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes (o 23 de abril de 1616 ) se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de WillIam Shakespere . Ese mesmo día tamén se conmemora a morte do primeiro escritor mestizo, Inca Garcilaso de la Vega.
En España, os Premios Cervantes son concedidos cada ano polo Rei en Alcalá de Henares ese día.

19 de abr. de 2017


CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

O mércores 19 de abril recibimos na nosa bibloteca a Iago, un estupendo contador de contos que nos visita cada ano.
A sesión asistiron os nenos e nenas de  infantil 1º e 2º para escoitar a historia  do cociñeiro Martiño e os seus problemas cun biscoito e un Rei.
Pásamolo xenial e algúns mesmo fixeron de actores.

                           

5 de abr. de 2017



 A SEMANA DA PRENSA EN CEDEIRA
Hoxe no cole unimos a celebración da Semana da Prensa co Proxecto deste curso.... os deportes e o xogo. Visitounos o xornalista deportivo Aleixandre Méndez, que escribe no xornal “A Voz de Galicia”.
Durante a súa visita explicoulles aos alumnos do centro o proceso

de fabricación dos xornais, como se elaboran as noticias, anécdotas do seu traballo e contestou a todas as preguntas que lle fixeron. Todos gozaron da charla e descubriron o interesante que é o mundo do xornalismo.







4 de abr. de 2017

SALÓN DO LIBRO 2017
 Abríuse de novo o Salón do Libro de Pontevedra e alá fomos con ganas de disfrutar todo o que nos puidesen ofrecer .
Pasamos unha mañá de mércores la mar de divertida:espectáculo de percusión co grupo Odaiko , visita pola exposición e merenda nun novo espazo habilitado dentro do mesmo Pazo de Congresos ,onde ademáis de tomar a merenda puidemos saborear  os moitos libros que alí había.
Experiencia inesquecible!!!!