29 de maio de 2017




                                          VISITAS DE AUTOR
 O xoves 25 recibimos na biblioteca a visita do escritor Silvestre   Gómez Xurxo. 
Á charla asistiron os rapaces e rapazas de 3º e 4º que durante o 2º trimestre deste curso leron a súa obra  "Ti non xogas ".
Silvestre naceu en Beba (Mazaricos) en 1951.
É mestre. Agora está xubilado.
É Licenciado en Xeografía e Historia e Psicopedagoxía.
É autor de numerosos materiais educativos destinados ao estudo da Lingua Galega, do Coñecemento do medio ou matemáticas.

É coautor, xunto con Ana Mª Llanes, do método de aprendizaxe da lectura en Lingua Galega: “De Vagar”                      
Ten publicadas as seguintes obras de Literatura Infantil e Xuvenil:
“Déixao medrar” (Xerais 2000), novela; “Ith” (Xerais 2001),
novela;  “Todo vai ir ben” (Xerais 2005);  “Ti non xogas!”

Ningún comentario:

Publicar un comentario