21 de xuño de 2017



                    II FEIRA DO LIBRO DE REDONDELA

 O venres 9 de xuño os nenos e nenas de educación infantil visitaron a Feira do libro Redondela.
Percorreron as  casetas das diferentes librarías e alí  os libreiros amosáronlles as últimas novidades en literatura infantil.
 Despois asistiron a un contacontos e ata lles dou tempo a facer unhas fotos coa  Coca Simona .
Foi unha mañán mui interesante e divertida.Agardan repetir o ano que ven.