24 de out. de 2017

                                     DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Hoxe día 24 de outubro celébrase o Día Internacional das Bibliotecas Escolares. Este día vense conmemorando desde 1997 e o seu  obxetivo é chamar a atención sobre a importancia das bibliotecas escolares na educación de nenos e xóvenes.
A data foi elexida en lembranza do incendio da Biblioteca de Saraievo durante a Guerra dos Balcáns en 1992.
 Na nosa biblioteca levaremos a cabo unha serie de actividades ao longo de toda a semana co gallo desta celebración.
Para os nenos e nenas de infantil ,1º e 2º e o libro elexido foi "O incrible neno devorador de libros".Despois da lectura tamén haberá opción a ver a curtametraxe do libro.
Tamén poden elexir unha estrofa da poesía de Liliana Cinetto  "Amor en la biblioteca" e ilustrala en A3 para poder logo ser recitada co Kamishibai.
Para os cursos de 2º,3º  e 4º o libro recomendado para traballar foi "El monstruo y la bibliotecaria".
E os de 5º e 6º tamén  realizarán actividades co poema de Liliana Cinetto "Amor en la biblioteca" e verán algunha curtametraxe sobre libros e biblotecas como "Los fantásticos libros voladores del señor Norris  ou "Much better now".

17 de out. de 2017



                                II DÍA DAS MULLERES ESCRITORES
O luns 16 de outubro levouse a cabo, por segundo ano consecutivo, o Día das Escritoras. Un acto de homenaxe, promovido pola Biblioteca Nacional de España (BNE) coa finalidade de recordar o legado cultural das escritoras do ámbito hispánico e hispanoamericano e as dificultades que no pasado impediron un xusto desenvolvemento e recoñecemento a súa labor.
A idea é que cada ano xire en torno a un tema que funcione como fio conductor e vertebrador. No 2017, o tema proposto é Mulleres, saber e poder.
A data escollida non é unha casualidade, coincide co luns seguinte a celebración da festividade de Santa Teresa de Ávila,escritora que pasou por serias dificultades para  exercer como tal pola súa condición de muller.



16 de out. de 2017

                                             
                          O PRINCIPIÑO ARREDOR DO MUNDO

Aquí vos deixamos unha pequena montaxe coas fotos  das actividades realizadas co gallo da exposición "O principiño arredor do mundo" que pudemos disfrutar no cole na segunda quincena de setembro.


5 de out. de 2017

 
          PARABÉNS PARA  ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO !!!
                    
 Antonio García Teijeiro ven de ser galardoado co PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL .
O escritor de Vigo é autor de varios libros de poesía que podedes atopar na nosa biblioteca , por exemplo "Versos con alas","Lueiro de papel","Aloumiños","Nenos","Ventos"...
A súa última obra "Poemar o mar" valeulle para ser recoñecido con este importantísimo premio.
 En edicións pasadas tamén foron agasallados outros autores galegos como Ledicia Costas, Agustín Fernández Paz,Paco Martín,Fina Casalderey ou Xabier P. Docampo que vós seguro coñecedes e dos que tamén podedes atopar libros na biblioteca. Dende Cedeira  moitos parabéns e a nosa sincera noraboa !!!