31 de xan. de 2018

                                              
                                               TRIBUS POLA PAZ
Aproveitando que este ano o proxecto do cole é "OS POBOS INDÍXENAS",non quixemos esquecer no día da paz o sufrimento e o abuso que estes padeceron e padecen por parte do "home civilizado": ocupación dos seus teritorios,xenocidio,confinamento en reservas,desaparición forzada das súas raices culturais e forma de vida tradicional,aillamento ,marxinación ,explotación...
Así que dende a biblioteca tratouse  para este día ,de xeitos diferentes, a visibilización  desta problemática e a reinvindicación dos dereitos de ditos pobos a ser respectados e vivir en paz.
Dende a mensaxe de Toro Sentado ao presidente Franklim,a problemática dos Yaguas e Ticunas no Amazonas,dos Inuits ou dos Mayas e os Incas.



 

16 de xan. de 2018


                      UNHA MAÑÁN CHEA DE POESÍA

Este luns tivemos a sorte de disfrutar da compaña de García Teijeiro na nosa biblioteca , da man do Faro da escola.
Os afortunados foron os nenos e nenas de 5º e 6º curso que pasaron unha agradable mañán falando de poesía e literatura.
 O autor aproveitou para presentarnos a Martiño,un  títere mariñeiro que o acompaña e anima aos nenos e nenas a ler.Da súa boca foron saíndo varios dos poemas do libro "POEMAR O MAR".
Unha sorte poder contar coa presenza do último Premio de Literatura Infantil e Xuvenil na nosa biblioteca.
                              

15 de xan. de 2018



 A Consellería de  Educación e Cultura ven de publicar este calendario coas celebracións máis importantes do ano en torno aos libros,a lectura ,os autores...Nel podedes atopar aniversarios de autores ,de publicacións,días do libro,da poesía,das librarías...

11 de xan. de 2018


                 VISITARANOS  ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

O próximo luns día 15 vainos visitar Antonio García Teijeiro, autor galardoado  este ano co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.
A súa última obra "Poemar o mar" valeulle para ser recoñecido con este importantísimo premio.
Serán os alumnos e alumnas de 5º e  6º os que acudirán a este encontro co autor, que nos visita dentro das actividades  relacionadas coa nosa participación no Faro da Escola .