25 de abr. de 2018

                      
                     CELEBRANDO NA BIBLIOTECA

Como cada ano chegado o 23 de abril celebramos na nosa biblioteca o Día do Libro .
Esta vez foron os rapaces e rapazas de 3º os encargados de contarnos aos demais o conto do "Soldadiño de chumbo", coa técnica do kamishibai.
Encantounos a visita á biblioteca para  escoitar o conto que prepararon para nós os de 3º curso.

Ademais cada clase elaborou un marcapáxinas relacionado co noso proxecto anual ("As tribus indíxenas").

20 de abr. de 2018



                                   XIX EDICIÓN DO SALÓN DO LIBRO 


O tema da edición de 2018 é MULLERES DE CONTO e con ela preténdese render homenaxe ás mulleres que conforman o mundo da literatura infantil, desde os personaxes dos contos ata as autoras, editoras, ilustradoras, profesoras, bibliotecarias… e, ao tempo, promover unha lectura crítica e reflexiva, con perspectiva de xénero.Aínda estades a tempo de pasarvos polo Pazo da Cultura de Pontevedra para disfrutar das actividades que nos ofrecen nesta nova edición.
Podes ver o programa en www.salondolibro.gal

13 de abr. de 2018


                                       CONTACONTOS NA BIBLIOTECA
    Hoxe na nosa biblioteca recibimos a Iago López,un contacontos maravilloso que nos visita todos os anos.
Desta volta contoulles aos nenos e nenas de infantil, 1º e 2º unha bonita versión da historia de Riciños de ouro que conseguiu enganchar a todos e todas.