CREACIÓN









                   ESTE 21 DE MARZO ,DÍA DA POESÍA, GLORIA FUERTES SERVÍUNOS  DE  INSPIRACIÓN PARA CREAR OS NOSOS PROPIOS POEMAS.
AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS CREACIÓNS DOS RAPACES E RAPAZAS DE 5º



                  









                 PARABÉNS AOS NENOS E NENAS DE 4º QUE SE ATREVERON A VIAXAR POLO MUNDO DAS PALABRAS E CRERON ESTES POEMAS.
            DESTACAMOS ESPECIALMENTE OS POEMAS POLO MUNDO E VIAXEIRO



        POLO MUNDO
No mundo no que vivimos
temos moitas cousas belas.
Se queres saber dalgunhas
aí van unas cantas delas.

Temos longos carreiros,
temos fermosas ladeiras,
montañas, ríos e praias…
e gozamos sempre delas.

En China, Xapón e Rusia
hai costumes diferentes.
Nalgúns non se pode entrar
sen un permiso urxente.

Non o maltratemos,
coidemos do planeta Terra,
non lle fagamos dano
e poñamos fin á guerra!    

Laura- 4º B


O VIAXEIRO
O viaxeiro vai, o viaxeiro vén
á estación do tren.

Sentado na súa mesa
escribe unha promesa.

Viaxando a Carballo
vai ao seu traballo.

Volvendo a Pontevedra
tropeza cunha pedra.

Rompe un dente
contra a xente.

O viaxeiro vai, o viaxeiro vén
á estación do tren.
  
 Nicolás



O MAR
Vivir no mar,
cos cabaliños nadar.
Coñecer os océanos.
Descubrir a Atlántida,
vivir nela,
xogar cos animais,
ter cola de serea.
                          
Daniela- 4º B



As nubes
Navegando vou
por as nubes estou
de roda en roda
mordendo proa.

Despois vou nadar
antes de navegar
a Nunca Xamáis.

Nas nubes
moito frío vai.
Xa me cansei de tiritar.

Marcos- 4º B



O MAR

Camiño á beira do mar
tranquila, leda
xunto ao meu amigo Marcial.

Hai ondas, escuma, cunchas…

Teño área nos pés
e ti auga tés.

A praia xa remata
nunha punta con forma
de gata.
                  
     Candela- 4º B





MAR ADIANTE
Moitos animais hai no mar:
estrelas, peixes,moluscos
e un golfiño espectacular.

Nun barco vou e noutro veño
e tamén vén un irmán que teño.

A área da praia
é toda branca.
Á beira do pantalán
Os barcos se amarrarán.



O CAMIÑANTE

O caminante vai pola rúa
e pícase cunha púa.

Camiñando polo parque
chega a un estanque.

Camiñando polo monte
chega a unha ponte.

Camiñando pola praza
merca unha cabaza.

O camiñante que camiña
chega ata a pontiña.

 Nicolás 4º B