19 de mar. de 2015

DÍA DA PAZ 

O 30 de xaneiro, como todos os anos, celebramos o día da Paz.
Para relacionalo co noso proxecto anual, “Mercadeando”, decidimos traballar os mercados  tradicionais de  todo o mundo.
Para iso votamos man da sección de arte da nosa biblio e buscamos cadros onde aparecesen mercados de diferentes países.
Logo en cada aula reinterpretámolos e fixemos as  nosas propias versións.
Velahí tedes os resulados  ¡¡¡ESPECTACULARES!!!

OBRADOIRO DE DOBRAXE

Na biblioteca non soamente lese, tamén se fala.
Os nenos de 2º y 3º ciclo, comprobárono, gozaron cun obradoiro de dobraxe impartido por dous grandes actores que lles ensinaron as distintas fases dunha dobraxe.  

 


                                                             
INAUGURACIÓN DA NOVA BIBLIOTECA

Despois de varias semanas de traballo intenso, por fin chegou o día de inaugurar a  nova biblioteca.
Celebrámolo con ilusión, nas vésperas do Nadal, coa proxección do conto "Un canguro polo Nadal" e con unha visita guiada de cada uns dos cursos para coñecer as novas instalacións. 
QUE GANAS TIÑAMOS DE VOLVERNOS VER!!

8 de mar. de 2015

SONETOS DE NADAL

Como cada curso no 3º ciclo celebramos un certame literario relacionado co Nadal.
Este ano atrevémonos cos SONETOS.
Houbo cantidade, variedade e CALIDADE!!

 EXPURGO

Aproveitando o cambio de situación da biblioteca, fíxose un expurgo de materiais en desuso, estragados ou que non están adaptadas o nivel dos nosos alumnos.
Como neste curso estamos traballando os distritos tipos de mercados, o chegar o Nadal, fixemos un mercado solidario de libros.
Cambiáronse libros por alimentos que foron destinados ao Bando de Alimentos de Redondela.
  
         
 
A ÁRBORE DOS REFRÁNS

Para celebrar a chegado do outono e a festa do Samaín os nenos de Cedeira recolleron con axuda das súas familias ditos, refráns ou poesías nas que se falase da vendima, os froitos de outono o do tempo desta estación.
Logo os escribiron en follas, de árbore, que tiñan que decorar e o día do Samaín os alumnos de 6º fixeron a truco-trato e as foron recollendo.
Con todas elas fixemos unha fermosa árbore.

                                                           
  

7 de mar. de 2015

CONTOS A LUZ DO CANDIL

Un ano máis os alumnos de 3º ciclo reuníronse para ler os seus contos de medo no II certame CONTOS A LUZ DO CANDIL.


                


         

CENTENARIO DE "PLATERO Y YO" (1914-2014)

Neste ano celebramos o centenario da publicación de "Platero y yo". Seguramente a obra mais coñecida de Juan Ramón Jimenez.
Os nenos de infantil coñeceron a Platero e escoitaron algúns capítulos do seu libro.

 
ANIMACIÓN Á LECTURA

Nas aulas de infantil a profe Helena estivo traballando cos nenos o libro "A que sabe a lúa".
Resultou moi divertido porque a cada un se lle ocorría un sabor diferente e especial.
Ao final igual que os personaxes intentamos tamén chegar á Lúa para coñecer o seu sabor.





 
MOCHILAS VIAXEIRAS

Aínda que estivemos de mudanza a nosas Mochilas Viaxeiras empezaron a circular xa no 1º trimestre.
Todos as estabades esperando!!!

5 de mar. de 2015

Ola amiguiños: Xa me coñecedes, son Tinteiro, a mascota da biblioteca.
Fai tempo que non estamos en contacto porque na biblio de Cedeira estivemos de mudanza.
Agora a biblioteca está no 1º andar da escola!.
Os cambios soamente son para a situación, o resto segue igual. A biblioteca esta aberta nos recreos e podedes coller ou deixar libros todos os días da semana e os alumnos de 6º continúan axudando para que todo funcione ben.
Vouvos poñer ao día das novidades deste novo curso.
Neste ano o noso proxecto xa non é sobre ás viaxes, desta volta non viaxo, senón que vou mercar.
O proxecto chámase MERCADEANDO e con el imos aprender moitas cousas sobre as tendas, as feiras, os mercados o comercios... Coido que vai resultar moi interesante!!!