-Ola
amiguiños!
Estou moi
contento!
Por fin atopei
@ axudante de biblioteca perfecto!
Coñecino
navegando polo mar das lecturas e pedinlle que me botase unha man. Digo, unha
man? Máis ca unha man! Oito “mans”
dispostas a traervos as historias de tesouros agochados na nosa ría, e
espallalas por todo o colexio e ata, por toda a parroquia e máis alá!
Pero… hai un
problema… este personaxe évos moi guasón e non me quere dicir como se chama.
Así que vós teredes que probar a descubrilo. Podedes pedir axuda na casa aos
pais, aos avós, a irmáns maiores (aqueles que “navegan” moito, ao mellor xa
@coñecen). Vale preguntar aos pescadores e aos mariñeiros e tamén buscar nos
libros… Ánimo! Hai que conseguilo!
Eu tamén axudo!
Cando saibamos como chamarlle, gustaríame retirarme a descansar.
Xoguemos a
NOMEAR!
Un biquiño de
papel.
Muá, muá!