28 de feb. de 2018

                                                                                                                                              
                  DESCUBRINDO AOS INUITS
                 

Dentro do Proxecto anual  que estamos a desenvolver este curso, os nenos e nenas de 6º levan meses estudando ao pobo Inuit, as súas características, costumes e formas de vida.
Por iso se puxeron en contacto cun estudoso desta cultura para que viñese ao cole contarnos todo o que el aprendeu convivindo con este pobo.
Fracesc Bailón visitaranos os próximos 5 e 6  de marzo para que todos os rapaces e rapazas do cole poidan aprender escoitando as súas experiencias e participando en diferentes obradoiros,exposicións e actividades .
Ademáis este antropólogo catalán dará unha charla no Multiusos de Redondela para o público en xeral o luns 5 de marzo ás 19 horas, con entrada libre.
         Na seguinte dirección podedes ler a entrevista que lle fixeron para a páxina web "La viajera .Crónicas de viajes  http://www.laviajera.es/2015/02/frances 
Tamén o propio Francesc  Bailón ten unha conta de Facebook onde podedes ler as súas experiencias. 
Ademáis para profundizar no coñecemento dos Inuits dispoñedes de dous libros escritos por el.
         


   Agardamos a vindeira semana cheos de interese!!! 


26 de feb. de 2018

                            
               24  DE FEBREIRO : DÍA DE ROSALÍA
         
Hoxe,sábado 24 de febreiro, cúmprense 181 anos do nacemento de Rosalía de Castro,unha muller revolucionaria e defensora de Galicia e do galego.
  Son moitas as institucións que se suman desde hai anos a esta celebración do DÍA DE ROSALÍA que as bibliotecas escolares aproveitamos para dar a coñecer ao alumnado os poemas, a vida e o significado desta gran autora. A obra de Rosalía cobra vida nas voces de nenas e nenos que recuperan en recitais, lecturas compartidas e todo tipo de actividades a forza da súa palabra. 

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega convida neste 2018, baixo o lema #AbrideAFiestra, a celebrar este Día de Rosalía co agasallo dun libro galego e unha flor a amigos e familiares. 
Si che interesa coñecer a súa vida e a súa obra so tes que premer na foto de Rosalía que está na marxe dereita do noso blog e enteraraste de todo.
 Na próxima entrada deste blog darémosvos conta das actividades realizadas polos nenos e nenas de Cedeira durante o venres 23  e o luns 25 para festexar esta data tan querida. 
              Estade moi atentos, vanvos encantar !!!