28 de maio de 2023

Obradoiro de monicreques

Durante o mes de xuño, as horas de ler  e os recreos adicáronse á elaboración de monicreques con diferentes materiais, para a creación de historias.














 

18 de maio de 2023

Letras galegas

Polo Día das Letras Galegas, elaboramos un panel interactivo sobre Francisco Fernández Del Riego con audios realizados polo alumnado de 3ºEP, nos que contaban a biografía do autor.

Tamén tivemos un contacontos sobre a biografía de Don Paco da man de "Polo correo do vento", onde tamén aprendimos a facer caricaturas do autor homenaxeado.

O alumnado de 2ºEP realizou nubes de palabras relacionadas con este autor.










 

Muller terra

O Colexio de Cedeira participou nunha nova edición de "Arte lixo" con unha obra titulada "Muller Terra" onde quixemos enlazar o Día da muller co proxecto do noso centro. Para iso empregamos materiais de refugallo recollido de ámbitos laborais propios de diferentes mulleres traballadas (mariño, sanitario, educativo e alimentación).










 

Salón do libro co club de lectura

O alumnado que participou no Clube de lectura, realizou unha saída ao Salón do libro de Pontevedra como remate a un ano cheo de aventuras entre libros.













 

Os maios

O día 2 de maio, o alumnado do centro cantou arredor dos maios as coplas que eles mesmos elaboraron xunto coas súas familias, para os usuarios do Centro de día Os cortizos de Redondela. 

Estes maios foron creados polas familias da ANPA do colexio que levaron a concurso o día 1 de maio na Alameda de Redondela, conseguindo o segundo premio de "Maio artístico".




 

Titiriteiros

Finalizado o obradoiro de monicreques, o alumnado utilizou as súas producións para facer representacións no teatrillo da biblioteca para  un público moi entregado, como podedes ver nas seguintes imaxes.








 


Semana do libro

Pola semana do Día do libro convidamos ás familias a vir ao centro durante o "momento lector" para pasar un tempo de lectura compartida cos seus fillos/as ao aire libre. Gracias pola vosa participación na actividade.