DÍA DA PAZ
O 30 de xaneiro, como todos os anos, celebramos o día da Paz.
Para relacionalo co noso proxecto anual, “Mercadeando”, decidimos
traballar os mercados tradicionais de todo o mundo.
Para iso votamos man da sección de arte da nosa biblio e buscamos
cadros onde aparecesen mercados de diferentes países.
Logo en cada aula reinterpretámolos e fixemos as nosas propias versións.
Velahí tedes os resulados ¡¡¡ESPECTACULARES!!!
19 de mar. de 2015
INAUGURACIÓN DA NOVA BIBLIOTECA
Despois de varias semanas de traballo intenso, por fin chegou o día de inaugurar a nova biblioteca.
Celebrámolo con ilusión, nas vésperas do Nadal, coa proxección do conto "Un canguro polo Nadal" e con unha visita guiada de cada uns dos cursos para coñecer as novas instalacións.
QUE GANAS TIÑAMOS DE VOLVERNOS VER!!
8 de mar. de 2015
EXPURGO
Aproveitando o cambio de situación da biblioteca, fíxose un expurgo de
materiais en desuso, estragados ou que non están adaptadas o nivel dos nosos
alumnos.
Como neste curso estamos traballando os distritos tipos de mercados, o
chegar o Nadal, fixemos un mercado solidario de libros.
Cambiáronse libros por alimentos que foron destinados ao Bando de
Alimentos de Redondela.
A ÁRBORE DOS REFRÁNS
Para celebrar a chegado do outono e a festa do Samaín os nenos de
Cedeira recolleron con axuda das súas familias ditos, refráns ou poesías nas
que se falase da vendima, os froitos de outono o do tempo desta estación.
Logo os escribiron en follas, de árbore, que tiñan que decorar e o día
do Samaín os alumnos de 6º fixeron a truco-trato e as foron recollendo.7 de mar. de 2015
5 de mar. de 2015
Ola amiguiños: Xa me coñecedes, son Tinteiro, a mascota da biblioteca.
Fai tempo que non estamos en contacto porque na biblio de Cedeira estivemos de mudanza.
Agora a biblioteca está no 1º andar da escola!.
Os cambios soamente son para a situación, o resto segue igual. A biblioteca esta aberta nos recreos e podedes coller ou deixar libros todos os días da semana e os alumnos de 6º continúan axudando para que todo funcione ben.
Vouvos poñer ao día das novidades deste novo curso.
Neste ano o noso proxecto xa non é sobre ás viaxes, desta volta non viaxo, senón que vou mercar.
O proxecto chámase MERCADEANDO e con el imos aprender moitas cousas sobre as tendas, as feiras, os mercados o comercios...
Coido que vai resultar moi interesante!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)