13 de mar. de 2019

"Desprincesando"




“DESPRINCESANDO”: PROXECTO LECTURAS EN FEMININO


Co obxectivo de educar na igualdade o alumnado de cuarto de primaria está levando a
 cabo un proxecto de “lecturas en feminino” que consiste en ler textos nos que a
 figura da muller aparece retratada en igualdade de condicións á figura do home. Trátase,
 pois, de ler textos novos que fuxen de todo estereotipo exual pero, tamén de ler 
textos tradicionais ou populares que nos presentan personaxes estereotipados, letras de
 cancións sexistas, actitudes machistas por parte dos personaxes...

Queremos compartir con vós algúns dos títulos que máis nos gustaron. 




A paz é o camiño




LENDO EN PAZ!

O 30 de xaneiro, co galo do Día da paz e a non violencia o equipo de biblioteca 
fixo unha escolma de títulos que teñen como tema central a paz. 
Estes títulos puxéronse a disposición do alumnado. 
Ademáis todos e todas xuntas cantamos e bailamos no patio cancións pola paz
ao tempo que deixamos as nosas pegadas no “camiño da paz”.

 
 
 
"A paz é o camiño"

Recuncho de lectura en 4º de E.P.




O RECUNCHO DE LECTURA DE 4º DE PRIMARIA


Federico García Lorca, Virginia Woolf, Rafael Alberti, Antonio Machado, Frida Kalho, 
Clara Campoamor, Simone de Beauvoir, Malala Yousafzai, Juan Ramón Jiménez, 
José Saramago, princesas valentes, mulleres guerreiras, a inmigración, a inclusión,
diversidade de xénero, aventuras clásicas.... son algunas das mulleres e dos homes, 
das temáticas e dos xéneros que podes descubrir no recuncho de lectura que foi construíndo
o alumnado de 4º de primaria o longo de estes meses.

Grazas a esta nosa biblioteca levamos meses coñecendo a grandes personaxes, participando
en grandes aventuras... conectándonos á lectura cunha paixón que vemos nacer cada día que 
abrimos un libro.

Invitámosvos a coñecer a nosa biblioteca. Se che interesa algún dos nosos libros
estaremos encantados de prestarcho.



 Ven visitarnos!