“DESPRINCESANDO”: PROXECTO LECTURAS EN
FEMININO
Co obxectivo de educar na
igualdade o alumnado de cuarto de primaria está levando a
cabo un proxecto de
“lecturas en feminino” que consiste en ler textos nos que a
figura da muller
aparece retratada en igualdade de condicións á figura do home. Trátase,
pois,
de ler textos novos que fuxen de todo estereotipo exual pero, tamén de ler
textos tradicionais ou populares que nos presentan personaxes estereotipados,
letras de
cancións sexistas, actitudes machistas por parte dos personaxes...
Queremos compartir con
vós algúns dos títulos que máis nos gustaron.