31 de mar. de 2016

OBRADOIRO DE TÍTERES CON TANXARINA
O mércores 9 de marzo viñéronnos visitar os compoñentes do colectivo Tanxarina para ensinarnos aos rapaces e rapazas de 5º e 6º como elaborar os nosos própios títeres de variña.
Os elementos que empregaron foron moi sinxelos:unha bola de poliespán,un anaco de tea,unha variña de pau,uns gomets e un pouco de lá.O resultado, espectacular!!






SALÓN DO LIBRO 2016
Hoxe comenza outra nova edición do Salón do Libro de Pontevedra,e xa van dezasete.
Do 1 ao 23 de abril podedes achegarvos a disfrutar de todas as maravillosas propostas que hai este ano no Pazo da Cultura.
Se queredes ter mais datos aquí vos deixo o enlace.
http://www.pazodacultura.org/gl-ES/salon-do-libro/2016.aspx






14 de mar. de 2016


8 DE MARZO DÍA DA MULLER
 Os alumnos e alumnas do colexio de Cedeira celebraron o Día da Muller , reivindicando o papel da mesma dentro das diferentes artes.
Baixo o título "Elas tamén son artistas " cada aula estivo a traballar a figura dunha muller actual , adicada a arte nalgunha das súas facetas.
Así fomos coñecendo arquitectas,escultoras,actrices,pintoras,músi-
cas e deseñadoras ;mulleres  galegas que traballan cada día cerca de nós e nos fan a vida mais agradable coas súas fermosas obras. 
Se queres coñecelas pásate polo noso corredor e poderás vela nos paneis .






7 de mar. de 2016

POSTAIS POLO DÍA DE ROSALÍA

                                      










1 de mar. de 2016


DIA DE ROSALIA 2016
O 24 de febreiro, data do nacemento de Rosalía de Castro, celebramos na súa honra unha pequena homenaxe.
Todos os cursos baixaron a biblioteca onde disfrutamos cos dous vídeos que podedes ver nesta páxina.Trátase dunha canción que a cantante Uxía lle adicou a infancia de Rosalía e dun videopoema ,Xan, que nos fala dunha muller lacazana que se aproveita da bondade do seu home.
Entre todos os cursos ademais axudamos a elaborar unha serigrafía (ao xeito de Andy Warhol) coa imaxe da escritora. 
Ademais de todo isto,a suxerencia de AELG (Asociación de escritores en língua galega),cada neno/a enviou a súa casa unha postal cun poema de Rosalía e unha ilustración do mesmo feita por el/ela.Foi como vedes un día intenso, que esperamos fose do agrado de todos.