13 de abr. de 2023

Bolsas temáticas


Presentámosvos as novas bolsas temáticas decoradas co tinteiro gañador do concurso do primeiro reto deste ano. Nelas inclúense diferentes contos ou libros relacionados cunha mesma temática para que, o alumnado que así o desexe, poida levala para a súa casa  e  teña así a oportunidade de  profundizar máis nos seus intereses. 


 

Egg hunt

 

Co motivo da Pascua, realizaremos no centro diferentes actividades relacionadas con esta festividade entre as que se inclúen:
  • Unha búsqueda do tesouro, na que o alumnado ten que buscar por todo o centro ovos de diferentes tamaños con premios no seu interior.
  • Un obradoiro de creación de ovos de pascua con globos e material de refugallo.
  • A hora de ler desta semana farase en Inglés con libros ou contos relacionados coa Pascua.










Semana da inclusión


Durante a semana da Inclusión, que este ano celebramos do 20 ao 24 de marzo, aproveitamos as horas de ler no centro para implementar unha actividade de lectura apoiada por unha intérprete de lingua de signos, que foi realizada por Ana Couñago, a mestra da escola unitaria de Ventosela. Con esta actividade, pretendemos que o alumnado poida visibilizar outras realidades non tan presentes no día a día do centro. 

Aproveitando a súa visita, esta mestra visibilizou diferentes aspectos da Discapacidade Auditiva, ensinounos signos de animais e animounos a buscar un signo persoal que nos caracterizase a cada quen. 

Moitas grazas Ana, encantounos a túa visita!!






 

Espallar tinta


 

Este ano, como primeira edición, o Colexio de Cedeira por iniciativa da súa mestra Jéssica Rodríguez, organizou, en colaboración co Concello de Redondela e coa participación de todos os centros educativos do municipio, unha xornada de dous días nos que o alumnado puido compartir con compañeiras e compañeiros de outros colexios, coas familias e habitantes do Concello, os resultados das súas produccións escritas e proxectos creativos en diferentes stands. 

Foros dúas xornadas de convivencia, de compartir, de intercambio de experiencias, de aprendizaxe entre iguais e onde gozamos e pasamos momentos moi divertidos en compañía do resto de compañeiros/as e do amenizador "Cé Orquestra Pantasma".

Aquí vos deixamos algunhas fotiños onde se poden ver algúns dos traballos expostos e o ben que o pasamos durante estas dúas xornadas.