5 de mar. de 2023

Maruxa

 

Maruxa era unha muller que tiña que facer todo na casa... e Pepiño cantaba e durmía. Maruxa un día quixo facer pan... para o que tivo que axudarlle Pepiño por estar moi cansa. Desde aquel día as tarefas da casa foron compartidas.
Para rematar o contacontos de Maruxa, que o alumnado de infantil realizou na semana do 8 de marzo, elaboraron uns boliños de pan que, máis tarde levaron ao forno, e, ao rematar a xornada levaron cadanseu para a súa casa.







Día da muller











Este 8 de marzo, polo día da muller traballadora, invitamos a nais de alumnas e alumnos do colexio a que nos viñesen a contar en que consistía o seu traballo e o seu percorrido ata conseguir chegar a eses postos de traballo. 
Entre as profesións das nais que acudiron ao centro, contamos con: unha técnica de anatomía patolóxica, un enxeñeira que traballa no mundo da automoción, unha científica e investigadora mariña, unha veterinaria, unha neuróloga (que enviou un vídeo desde a súa consulta)... Foi unha actividade moi interesante e o alumnado aprendeu moito con elas. Moitísimas grazas pola súa participación e colaboración.
Nos recreos da Biblio, entre os obradoiros desta semana, o alumnado elaborou unhas chapas conmemorativas do 8M con deseños propios e deixando voar a súa creatividade.
Durante todos os recreos de marzo, o alumnado tiña á súa disposición unha silueta dunha muller de cartón que o alumnado foi customizando con material de refugallo, fitas, la, cores e diversos materiais de adorno.
Durante a semana, nas aulas apareceron unhas caixas misteriosas con pistas e elementos relacionados con mulleres científicas que o alumnado tiña que identificar no libro: "Mulleres da Ciencia".
Como remate da xornada o alumnado elaborou un cucurucho personificado con debuxos relacionado co 8M no que se colocou un caravel tinguido de violeta para agasallar a unha muller importante da súa vida.





















 

Dia da ilustración


O pasado venres 23 de febreiro, pola conmemoración do día de Rosalía, recibimos no centro a visita da "Furgolibro" da Tía Ni, que puxo a disposición do alumnado do centro todos os tesouros literarios que tiña na súa Biblioteca.
O alumnado compartiu un tempo de lectura ao aire libre cos seus compañeiros e compañeiras e ela explicou o funcionamento do seu proxecto. 
Ao remate da xornada a Tía Ni agasallou ao alumnado con un cómic que eles mesmos escolleron. 
Foi unha xornada diferente e divertida.
Volve axiña Tía Ni! Encantounos este tempo de lecer canda ti.


 





Entroido

Durante a semana do entroido fixemos unha chea de actividades variadas e divertidas. 
- Ó longo da semana vimos disfrazados segundo os mandados de Anacleto.
- Fixemos diversos obradoiros durante o recreo como a creación de antifaces ou instrumentos para os nosos traxes do venres.
- O martes tivemos a sorte de contar coa visita do pai dunha mestra que veu a cociñarnos filloas, e ben ricas que estaban!
- Durante os recreos tíñamos expostos diferentes antifaces xiganmtes para que o alumnado costumizase con diferentes materiais para decorar o noso cole.
- O venres vimos disfrazados de rondalla en grupo e fixemos o desfile pola parroquia,  a queima do meco (este ano adicado a nhecesidade do coidado do planeta) e a degustación de doces típicos de entroido coas familias.













Pola tarde non faltou o obradoiro impartido por Carla de 2º de primaria xunto coa súa nai de máscaras de entroido.



 

Día de Rosalía


Continuando coa Semana de Rosalía, realizamos diversas actividades no centro:
  • Unha das actividades consistiu en elaborar un mural tipo caligrama con pedras representando o poema de Rosalía de: "O caldo de Gloria". Para elaboralo, entregóuselle ao alumnado unha pedra na que tiñan que escribir palabras seleccionadas deste poema. Máis tarde fixeron a composición nun soporte para colgar e expoñer no noso centro.

  • O alumnado de 2º compuxo un mural de Rosalía de Castro tipo mosaico (con anacos de cartón dos bricks de leite que consumiron durante o programa de froita e leite) no que incluiron elementos típicos de Galicia e obras destacadas de Rosalía. Aquí vos deixamos unhas fotiños do proceso de elaboración e a exposición que se fixo durante esa semana no recuncho de lectura.