Durante a semana do entroido fixemos unha chea de actividades variadas e divertidas.
- Ó longo da semana vimos disfrazados segundo os mandados de Anacleto.
- Fixemos diversos obradoiros durante o recreo como a creación de antifaces ou instrumentos para os nosos traxes do venres.
- O martes tivemos a sorte de contar coa visita do pai dunha mestra que veu a cociñarnos filloas, e ben ricas que estaban!
- Durante os recreos tíñamos expostos diferentes antifaces xiganmtes para que o alumnado costumizase con diferentes materiais para decorar o noso cole.
- O venres vimos disfrazados de rondalla en grupo e fixemos o desfile pola parroquia, a queima do meco (este ano adicado a nhecesidade do coidado do planeta) e a degustación de doces típicos de entroido coas familias.
