5 de mar. de 2023

Día da muller











Este 8 de marzo, polo día da muller traballadora, invitamos a nais de alumnas e alumnos do colexio a que nos viñesen a contar en que consistía o seu traballo e o seu percorrido ata conseguir chegar a eses postos de traballo. 
Entre as profesións das nais que acudiron ao centro, contamos con: unha técnica de anatomía patolóxica, un enxeñeira que traballa no mundo da automoción, unha científica e investigadora mariña, unha veterinaria, unha neuróloga (que enviou un vídeo desde a súa consulta)... Foi unha actividade moi interesante e o alumnado aprendeu moito con elas. Moitísimas grazas pola súa participación e colaboración.
Nos recreos da Biblio, entre os obradoiros desta semana, o alumnado elaborou unhas chapas conmemorativas do 8M con deseños propios e deixando voar a súa creatividade.
Durante todos os recreos de marzo, o alumnado tiña á súa disposición unha silueta dunha muller de cartón que o alumnado foi customizando con material de refugallo, fitas, la, cores e diversos materiais de adorno.
Durante a semana, nas aulas apareceron unhas caixas misteriosas con pistas e elementos relacionados con mulleres científicas que o alumnado tiña que identificar no libro: "Mulleres da Ciencia".
Como remate da xornada o alumnado elaborou un cucurucho personificado con debuxos relacionado co 8M no que se colocou un caravel tinguido de violeta para agasallar a unha muller importante da súa vida.