Continuando coa Semana de Rosalía, realizamos diversas actividades no centro:
- Unha das actividades consistiu en elaborar un mural tipo caligrama con pedras representando o poema de Rosalía de: "O caldo de Gloria". Para elaboralo, entregóuselle ao alumnado unha pedra na que tiñan que escribir palabras seleccionadas deste poema. Máis tarde fixeron a composición nun soporte para colgar e expoñer no noso centro.
- O alumnado de 2º compuxo un mural de Rosalía de Castro tipo mosaico (con anacos de cartón dos bricks de leite que consumiron durante o programa de froita e leite) no que incluiron elementos típicos de Galicia e obras destacadas de Rosalía. Aquí vos deixamos unhas fotiños do proceso de elaboración e a exposición que se fixo durante esa semana no recuncho de lectura.