8 de mar. de 2022

 LECTURAS 8-M

    Hoxe, 8 de Marzo co motivo do día da muller traballadora, queremos conmemorar esta data con diferentes actividades como por exemplo a lectura de libros relacionados con esta temática para os cales se puxeron a disposición do profesorado e do alumnado. Co fin de concienciar ao alumnado da necesidade da igualdade real entre homes e mulleres no mundo laboral e social.

6 de mar. de 2022


 LECTURAS PARA FESTEXAR O ENTROIDO

Dende a biblioteca queremos festexar o entroido, para facelo propuxemos varios libros para ler na clase ou na biblioteca durante esta semana de festa. 

 



 DÍA DE ROSALÍA

O 23 de febreiro festexamos o día de Rosalía de Castro para elo construimos un fermosísimo xardín cheo de flores, poemas e libros de Rosalía.


 


 ITINERARIOS LECTORES PARA 1º E 2º CURSO



 ALÉN, LOITA E ACARIÑA

Yolanda Neira, autora do conto Alén, loita e acariña, viu ao cole a contarnos o seu conto. Este libro trata a violencia de xénero e bullying e como Alén foi capaz de combater estas dúas lacras.