24 de abr. de 2026

A maxia de ler, a maxia de contar: Paula Carballeira na nosa biblioteca

 

A maxia de ler, a maxia de contar: Paula Carballeira na nosa biblioteca

    O 23 de abril celebramos o Día do Libro, unha xornada para recordar que cada historia pode abrir un mundo novo. A nosa biblioteca chea de voces, imaxinación e de encontros... e este ano contamos cunha invitada especial: Paula Carballeira.


Moitas grazas!



17 de abr. de 2026

Día do Libro 23 de abril



Historias para celebrar o 23 de abril

O próximo 23 de abril celebraremos o Día do Libro cunha visita moi especial: 

Paula Carballeira estará na biblioteca para compartir sus historias e o seu talento como narradora.

Hora: 9:30

Lugar: Biblioteca do centro


Paula Carballeira





    Tamén contaremos cun contaconto para Infantil na Aula de Música pensado para disfrutar, imaxinar e vivir a literatura desde os primeiros anos.

Hora: 10:00

Lugar: Aula de música






10 de abr. de 2026

Unha viaxe ao centro do conto: Soledad Solloza na Biblioteca

 

Unha viaxe ao centro do conto: Soledad Solloza na Biblioteca

    A biblioteca escolar recibiu a visita de Soledad Solloza, quen ofreceu unha encantadora sesión de contacontos para o noso alumnado. As súas historias, cheas de ritmo e emoción, captaron a atención de pequenos e maiores, convertendo a mañá nunha viaxe imaxinaria inesquecible. Agradecemos a súa participación e celebramos o impacto positivo que actividades como esta teñen no fomento da lectura.




Moitas grazas!