18 de dec. de 2015

BO NADAL DE LECTURA
Como cada ano queremos recomendarvos dende a biblioteca unha serie de libros que vos poden entreter moito nestas festas.
Esperamos que gocedes moito con eles .
(Preme na imaxe para ver o boletín)

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipcedeira/system/files/GU%C3%8DA%20NADAL%202015_0.pdf

4 de dec. de 2015

CULTURGAL
Dende o venres 4 ata o domingo 6 en Pontevedra podemos visitar a feira da cultura galega.
Ao longo destes 3 días haberá unha chea de actividades divertidas
e interesantes para todas as idades.
     Animádevos a achegarvos ao Pazo da Cultura de Pontevedra !!!

 MANUEL MARÍA
Ao longo do mes de outubro en cada unha das aulas de infantil e primaria estivemos traballando diferentes poesías do libro "Sonos na gaiola".
Ademais de falar do seu contido para comprendela, memorizala e recitala , cada aula preparou un traballiño relacionado con dita poesía para expoñer nos corredores da escola. Este foi o resultado:

1 de dec. de 2015

25  DE NOVEMBRO-NON A VIOLENCIA DE XÉNERO
Co gallo da celebración do Día contra a violencia de xénero queremos comunicarvos que na nosa biblioteca podedes atopar varios libros que falan e tratan de erradicar esa lacra da nosa sociedade.




30 de nov. de 2015

MEMORIAS DUN NENO LABREGO
Dende a biblioteca queremos recomendarvos que vos acheguedes a botar un vistazo á exposición que en homenaxe a Neiras Vilas vimos de preparar.
Nela podedes atopar varios libros del, entre outros Memorias dun neno labrego, Espantallo amigo, A marela tarabela, O cabaliño de buxo...
Memorias dun neno labrego pode ser considerado o  primeiro "best-seller" galego e o inicio da literatura infantil e xuvenil na nosa lingua, ademais de ser o libro galego máis lido e máis veces editado é tamén dos máis traducidos en todo o mundo.
               
 

27 de nov. de 2015

ADEUS  BALBINO
"Eu son Balbino.Un rapaz da aldea.Coma quen dis,un ninguén.E ademais, pobre..."
Hoxe,27 de novembro,sorprendeunos a triste nova da morte do escritor Xosé Neira Vilas,autor das maravillosas "Memorias dun neno labrego".Que a terra lle sexa leve.
Quédannos para sempre as súas obras.
DESTA TERRA

Auga, pedra, sol e vento,
aquí a ledicia é tanta
que todo rebule e canta
e o Ulla vaise contento.
Teño nesta terra asento
e un sentimento profundo,
un amor vivo e rotundo
polo val onde nacín,
levo a Gres dentro de min,
son deste anaco do mundo.
Xosé Neiras Vilas
                                                             (Gres 1928-Gres 2015)
                                                                        D.E.P
MALETA DA POESÍA

Vimos de recibir no noso centro a Maleta da Poesía que , como xa imaxinades , chegou cheíña de libros de poemas que podedes disfrutar na nosa biblioteca.
Estes libros están expostos na estantería das  novidades,.Pasádevos a votarlles unha ollada!!










24 de nov. de 2015





NORMAS da BIBLIOTECA
Apertura
& A Biblioteca estará aberta durante todo o horario escolar, para uso e goce de todos os membros da comunidade educativa.

& Nas horas de recreo o alumnado poderá acudir a Biblioteca para ler ou traballar nos equipos informáticos que esta dispón.

& Pola tarde a biblioteca estará aberta de 16.00 a 18.00 horas de luns a venres, agás os martes.
       Será atendida polo profesorado de garda.
       Neste tempo non se fará préstamo e para asistir débese comunicar con antelación.
O alumnado de E.I. e de 1º e 2º de Primaria non poderán facer uso da mesma sen vir acompañados dun maior.
Os ordenadores, soamente, pódense utilizar para facer consultas ou traballos de aula.
Como nos debemos comportar
& Entramos sen comida, sen bebida e sen mochila.

& Non molestamos aos demais. Se temos que falar o faremos “con voz de Biblioteca”.

& Andamos a modiño.

& Coidamos todo o material: mobiliario, libros, CD, DVD, ordenadores e os bonecos de peluxe.

& Se estamos nos ordenadores, non se poden acceder a páxinas non autorizadas.

& Os rapaces/as interesados en estar nos ordenadores durante o recreo, deben de apuntarse, o comezo do mesmo, na lista de "usuarios ordenador" para poder facer unha repartición dos tempos de uso. 

& Deixamos todo ordenado antes de saír e procuramos non deixar cousas esquecidas.

Que facer durante o recreo
& Debemos comer antes de entrar; saímos o patio, comemos e o entrar informamos ao profesor de garda que está na porta.

& Se decidimos entrar non debemos agardar a que estea rematando o recreo nin tampouco estar entrando e saíndo cando nos pete.

& Para poder estar tranquilos e cómodos non podemos estar máis de 25.

Se collemos un libro
& Cando collemos un libro sinalamos o seu lugar co marcador de libro personalizado que cada rapaz ten.

& Se non sabemos onde colocar de novo un libro, pedimos axuda aos encargados ou deixámolo na cesta de "Libros para ordenar".

Préstamos e devolucións
& Só podemos levar en préstamo, libro ou audiovisual, de cada vez. O tempo máximo para telo na casa son quince días. Si necesitamos mais tempo pedimos a renovación do préstamo.

& Para coller un libro en préstamo temos que ensinarllo o encargado e dicirlle o noso número de carné de usuario da Biblioteca.

& Se collemos o noso carné para solicitar un préstamo logo deixámolo no casilleiro que corresponde á noso curso.


3 de nov. de 2015

III  EDICIÓN DE  CONTOS Á LUZ DAS CANDEAS
Por 3º ano consecutivo, co gallo do Samaín , celebramos unha nova edición de Contos á luz das candeas.
Os rapaces e rapazas de 5º e 6º puideron ler e escoitar os terroríficos relatos nos que traballaron durante os últimos días.
O aire cargouse de misterio nunha biblioteca que amosaba  o seu aspecto mais tenebroso.
 Agradecemos a todos/as o esforzo realizado e as fantásticas historias coas que nos agasallaron, moitas delas verdadeiramente provocaron medo e terror nos alí presentes.
Noraboa aos nosos/as futuros/as escritores e escritoras.
 





30 de out. de 2015

CELEBRANDO O SAMAÍN
Hoxe 29 de outubro celebramos por adiantado a festa do Samaín.
Quen mais quen menos amosaba esta mañán o seu aspecto mais terrorífico;a cousa metía medo.
Os corredores ,tamén decorados para a ocasión ,enchéronse de gatos negros, esqueletos,morcegos,bruxas...
Cada clase elaborou unha manualidade relacionada co tema e
os /as alumnos/as de 6º, ataviados para a ocasión, visitaron cada unha das aulas trocando caramelos por manualidades coas que ao final se montou o mural do Samaín 2015.






26 de out. de 2015

BIBLIOTECA EN MARCHA
Despois da reapertura e da entrega das Mochilas Viaxeiras pódese dicir que a nosa biblioteca está xa a pleno rendemento.
Cada día son moitos os nenos que aproveitan o recreo para coñecer as novidades,facer uso do servicio de préstamo ou simplemente pasar un bo rato entre libros.
Para atendelos debidamente xa tomaron posesión do seu cargo @s nov@s axudantes de biblioteca.
Seguro que o van facer de maravilla!!



Este ano as Mochilas Viaxeiras renovaron os seu contidos para adaptarse mellor aos gustos d@s lectores e ao tempo dispoñible das familias.
Ademais cada unha delas leva o nome de escritores/as galegos/as cunha breve biografía.
          
                                     ¡ DESEXÁMOS QUE VOS GUSTEN !          

BENVIDOS AO SAMAÍN
Chegou o outono, tempo de castañas,cabazas e SAMAÍN.
Toda esta semana podes achegarte á biblioteca para pasar un momento terrorífico coas nosas recomendacións para unha semana de MEDO.

                                                 ¿ ATREVESTE ?



CELEBRACIÓN DA REAPERTURA
O venres 23 , tal como estaba previsto, celebramos a reapertura da nosa biblioteca.
Durante toda a mañana pasaron por ela todos os /as alumnos/as para recordar as normas de funcionamennto e ver o corto "Los libros voladores del señor Morris".
 Foi unha mañán entretida, sobre todo para os nenos e nenas de 1º curso que recibiron os seus carnets de lectores do trinque.
Ademais fíxose entrega a cada un dos cursos de dúas Mochilas Viaxeiras cheíñas de novidades.









DÍA DAS BIBLIOTECAS
O día 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas.
Felices lecturas para todos!!!


                         
                     ¡QUE LER SEXA SEMPRE UN PRACER!

23 de out. de 2015

NOVIDADES!!!
Xa están dispoñibles as últimas adquisicíóns da nosa biblioteca, recén saídas do forno e agardando por vós.
Pasai a votarlles un ollo cando vos apeteza.

                        

20 de out. de 2015

      
REAPERTURA DA NOSA BIBLIOTECA
Queridos amigos: teño o pracer de comunicarvos que a biblioteca volverá a abrir as súas portas para todos vós o vindeiro venres 23 de outubro.
A partir de ese día estará aberta todos os recreos para  que vaiades consultar,coller ou devolver os libros que necesitedes.
Agárdovos a tod@s para celebrar xuntos este importante día.
Ata entón bicos de tinta.
                                               

PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

Este ano o importantísimo Premio de Literatura Infantil e Xuvenil foille concedido a escritora galega Ledicia Costas polo seu libro "Escarlatina, a cociñeira defunta".

Este libro xa recibira outros recoñecementos como o Premio Merlín de Literatura Infantil, o Premio Xosé Neira Vilas ou o Premio Fervenzas Literarias , ademais de ser incluido na prestixiosa lista IBBY(International Board on Books for Young People) para o 2016.
Durante o curso 2014-2015 a historia de Escarlatina tivo moito éxito entre os/as lectores/as das bibliotecas escolares  e os clubes de lectura de todo o país .
Parabéns a Ledicia Costas!
Estará en breve á vosa disposición na nosa biblioteca.
                                      HABERÁ QUE LELO NON?


16 de out. de 2015

RECORDANDO A MANUEL MARÍA
O pasado día 6 de outubro cumpríronse 86 anos do nacemento de Manuel María,autor que será homenaxeado o próximo Día das Letras Galegas.
Este escritor , que naceu en Outeiro de Rei (Lugo) no ano 1929,tamén é coñecid como o poeta da Terra Chá.
Ao longo do curso iremos traballando nas nosas aulas diferentes poemas del co fin de coñecer mais polo miúdo a súa obra.


 Neste mes de outubro comezarémos cos poemas do seu libro "Sonos na gaiola" do que vos deixamos este fermoso adianto.

                                                  "Galicia docemente
                                                   está ollando o mar:
                                                   ten vales e montañas
                                                   e terras pra labrar!

                                                  Ten portos, mariñeiros,
                                                  cidades e labregos
                                                  cargados de traballos,
                                                  cargados de trafegos!

                                                  Galicia é unha nai
                                                  velliña, soñadora:
                                                  na voz da gaita rise,
                                                  na voz da gaita chora!

                                                  Galicia é o que vemos:
                                                  a terra, o mar, o vento…
                                                  Pero hai outra Galicia
                                                  que vai no sentimento!

                                                  Galicia somos nós:
                                                  a xente e mais a fala.
                                                  Se buscas a Galicia
                                                  en ti tes que atopala!"
                    


 

13 de out. de 2015



           NOVO CURSO-NOVO PROXECTO


Bo curso para todos os nenos  e nenas do cole de Cedeira, estaba desexando atoparme con vós.
Nesta nova andaina imos traballar todos xuntos nun fermoso proxecto titulado “ConToneArte” que como xa imaxinaredes  vainos axudar a coñecer a fondo as manifestacións artísticas mais cercanas a nós.
Durante o primeiro trimestre adicarémonos á arquitectura, no segundo investigaremos sobre a pintura e a música, remataremos no terceiro centrándonos na escultura.
Agárdovos con novidades na nosa biblioteca ata entón bicos de tinta!!




19 de mar. de 2015

DÍA DA PAZ 

O 30 de xaneiro, como todos os anos, celebramos o día da Paz.
Para relacionalo co noso proxecto anual, “Mercadeando”, decidimos traballar os mercados  tradicionais de  todo o mundo.
Para iso votamos man da sección de arte da nosa biblio e buscamos cadros onde aparecesen mercados de diferentes países.
Logo en cada aula reinterpretámolos e fixemos as  nosas propias versións.
Velahí tedes os resulados  ¡¡¡ESPECTACULARES!!!

OBRADOIRO DE DOBRAXE

Na biblioteca non soamente lese, tamén se fala.
Os nenos de 2º y 3º ciclo, comprobárono, gozaron cun obradoiro de dobraxe impartido por dous grandes actores que lles ensinaron as distintas fases dunha dobraxe.  

 


                                                             
INAUGURACIÓN DA NOVA BIBLIOTECA

Despois de varias semanas de traballo intenso, por fin chegou o día de inaugurar a  nova biblioteca.
Celebrámolo con ilusión, nas vésperas do Nadal, coa proxección do conto "Un canguro polo Nadal" e con unha visita guiada de cada uns dos cursos para coñecer as novas instalacións. 
QUE GANAS TIÑAMOS DE VOLVERNOS VER!!

8 de mar. de 2015

SONETOS DE NADAL

Como cada curso no 3º ciclo celebramos un certame literario relacionado co Nadal.
Este ano atrevémonos cos SONETOS.
Houbo cantidade, variedade e CALIDADE!!

 EXPURGO

Aproveitando o cambio de situación da biblioteca, fíxose un expurgo de materiais en desuso, estragados ou que non están adaptadas o nivel dos nosos alumnos.
Como neste curso estamos traballando os distritos tipos de mercados, o chegar o Nadal, fixemos un mercado solidario de libros.
Cambiáronse libros por alimentos que foron destinados ao Bando de Alimentos de Redondela.
  
         
 
A ÁRBORE DOS REFRÁNS

Para celebrar a chegado do outono e a festa do Samaín os nenos de Cedeira recolleron con axuda das súas familias ditos, refráns ou poesías nas que se falase da vendima, os froitos de outono o do tempo desta estación.
Logo os escribiron en follas, de árbore, que tiñan que decorar e o día do Samaín os alumnos de 6º fixeron a truco-trato e as foron recollendo.
Con todas elas fixemos unha fermosa árbore.