26 de xuño de 2018

                        
                                        ADEUS A XAVIER DOCAMPO 




A piques xa de marchar,cando pensabamos que tiñamos pechado o noso blogue ata setembro, sorpréndenos a triste nova do falecemento de Xabier P. Docampo.
Con ducias de libros publicados, converteuse nun dos grandes renovadores da literatura infantil-xuvenil galega, obtendo ademais numerosos galardóns e recoñecementos grazas a obras como A chave das nocesO pazo baleiroBolboretasA casa da luzO misterio das badaladas ou A illa de todas as illas... Por exemplo, en 1995 recibiu o Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil por Cando petan na porta pela noite, e tamén foi merecedor do White Ravens en 1997. Nos últimos anos entrara ademais no mundo da novela con O libro das viaxes imaxinarias ou A nena do abrigo de astracán

Xabier P. Docampo traballou varios anos como mestre e pedagogo, foi actor e director de teatro, tamén estivo vinculado a Radio Nacional de España como guionista e escribiu e dirixiu obras para vídeo e para televisión. Tamén foi columnista en prensa e adicou unha etapa da súa vida a diferentes actividades de narración oral. 
Sempre nos quedaránas súas historias,porque como el ben dicía :

    "Contar un conto é o máis sublime acto de amor que se pode ofrecer a un ser querido"




                 
                  RECOMENDACIÓNS LECTORAS      

 Para finalizar as publicacións deste curso deixámosvos as recomendacións lectoras para o verán.

Desexámosvos unhas vacacións cheíñas de boas lecturas e lembrade que ...
                                          

           UN LIBRO
                                 PODE  SER 
                               
                                                     A MELLOR DAS VIAXES!!!


25 de xuño de 2018



       DESPEDIDA DOS AXUDANTES DE BIBLIOTECA

Despois de todo un curso colaborando con nós , démoslle unha merecida despedida,con merendola incluída,aos rapaces e rapazas que este ano fixeron as labores de axudantes de biblioteca.
Dende aquí dámoslles de novo as grazas e desexámoslle boa sorte na súa seguinte etapa educativa.

                            ATA CANDO QUEIRADES!!!

13 de xuño de 2018


                                    ENCONTROS CON AUTORES



Os días 18, 23 e 30 de maio visitounos na nosa  biblioteca a autora  María Canosa coa que estivemos falando dos seu libros " O DÍA QUE CHOVEU AO REVÉS","A CAZADORA DE ESTRELAS" E "MURIEL"
Nestes encontros participaron os alumnos e alumnas de 1º a 6º
Durante a charla falamos  dos libros que leu cada curso.
Ademaís os rapaces e rapazas de 6ª elaboraron un mural que resumía as partes máis importantes do libro "Muriel" como preparación previa á visita.
Foron 3 días moi agradables na compañía da gañadora do Premio Merlín.

11 de xuño de 2018


                                                 
                                             SEMANA DAS LETRAS 

Ao longo de toda a Semana das Letras as clases de infantil e primaria levaron a cabo diferentes actividades para homenaxear e coñecer máis a fondo a figura de María Victoria Moreno.
 Para facer mais festiva esta data, nas aulas de Primaria preparouse unha xincana na que se combinaban probas de busca de información relacionadas coa autora homenaxeada, actividades interactivas e actividades físicas.O Equipo de Biblioteca entregou a cada titor unha proposta de actividades que este adaptou os seus alumnos.

Cada clase dividiuse en equipos e estableceuse un horario de realización da xincana para que os distintos grupos e clases non coincidiran facendo a mesta actividade ou no mesmo espazo.
A busca de información realizouse nos paneis coa vida da autora (situados na planta baixa) e na exposición das súas obras (na Biblioteca), as actividades interactivas e a busca en internet (na aula de informática) e as actividades físicas no patio.