26 de xuño de 2018

                        
                                        ADEUS A XAVIER DOCAMPO 




A piques xa de marchar,cando pensabamos que tiñamos pechado o noso blogue ata setembro, sorpréndenos a triste nova do falecemento de Xabier P. Docampo.
Con ducias de libros publicados, converteuse nun dos grandes renovadores da literatura infantil-xuvenil galega, obtendo ademais numerosos galardóns e recoñecementos grazas a obras como A chave das nocesO pazo baleiroBolboretasA casa da luzO misterio das badaladas ou A illa de todas as illas... Por exemplo, en 1995 recibiu o Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil por Cando petan na porta pela noite, e tamén foi merecedor do White Ravens en 1997. Nos últimos anos entrara ademais no mundo da novela con O libro das viaxes imaxinarias ou A nena do abrigo de astracán

Xabier P. Docampo traballou varios anos como mestre e pedagogo, foi actor e director de teatro, tamén estivo vinculado a Radio Nacional de España como guionista e escribiu e dirixiu obras para vídeo e para televisión. Tamén foi columnista en prensa e adicou unha etapa da súa vida a diferentes actividades de narración oral. 
Sempre nos quedaránas súas historias,porque como el ben dicía :

    "Contar un conto é o máis sublime acto de amor que se pode ofrecer a un ser querido"