SEMANA DAS LETRAS
Ao longo de toda a Semana das Letras as clases de infantil e primaria levaron a cabo diferentes actividades para homenaxear e coñecer máis a fondo a figura de María Victoria Moreno.
Para facer mais festiva esta data, nas aulas de Primaria
preparouse unha xincana na que se combinaban probas de busca de información
relacionadas coa autora homenaxeada, actividades interactivas e actividades físicas.O Equipo de Biblioteca entregou a cada titor unha
proposta de actividades que este adaptou os seus alumnos.
Cada clase dividiuse en equipos e estableceuse un
horario de realización da xincana para que os distintos grupos e clases non
coincidiran facendo a mesta actividade ou no mesmo espazo.
A busca de información realizouse nos paneis coa
vida da autora (situados na planta baixa) e na exposición das súas obras (na
Biblioteca), as actividades interactivas e a busca en internet (na aula de
informática) e as actividades físicas no patio.