19 de dec. de 2021

 RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL




 LECTURAS PARA O NADAL

Dende a biblioteca queremos festexar o Nadal, por iso propuxemos as seguintes lecturas.



7 de dec. de 2021

 LECTURAS PARA CONMEMORAR A SEMANA DA INCLUSIÓN.

No centrro conmemoramos a semana da inclusión, por elo, dende a biblioteca aportáronse os seguintes libros para que o alumnado o poidera ler nas clases durante estes días.



27 de nov. de 2021

 LECTURAS PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Dende a bibliotecs queremos conmemorar o Día Internacional Contra a Violencia de xénero, por iso propuxemos varios libros para ler na clase durante esta semana.


 

ACTIVIDADE DE CONCIENCIACIÓN NO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

O 25 de novembro celébrase o día Internacional Contra a Violencia de Xénero. No noso centro, todas as clases fixeron a lectura do libro "Eu vou comigo" de Raquel Díaz Regueira. Posteriormente, tratamos a importancia de non renunciar quen somos por gustarlle a alguén, xa que se o facemos pasaranos como a protagonista, quedarémonos baleiros e sen personalidade.

O alumnado do centro, en colaboración coas familias, tivo que facer un debuxo e escribir o que nunca deixarían de ser ou facer por ninguén xa que esa característica o define como persoa.

A continuación mostramos unha foto da nosa protaginista baleira e logo chea de todas esas cousas que o alumnado do CEIP Plurilingüe de Cedeira non está disposto a cambiar.




12 de nov. de 2021

 DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Dende a biblioteca e o equipo de dinamización da lingua galega imos tratar a violencia de xénero a través da educación emocinal.

O obxectivo desta actividade é concienciar ao alumnado da importancia de non deixarse influir polas opinións e comentarios de outras persoas nin cambiar os nosos gustos só para agradar aos demais. Trátase de educar os nenos e nenas con ideas propias, seguros de sí mesmos/as e, polo tanto, menos vulnerables ante calquera forma de violencia que se tente contra eles.

Esta actividade está baseada no libro "Eu vou comigo" que podedes coñecer dandolle play ao vídeo que mostramos ao final do texto.

O reto consiste en axudarlle ao voso fillo/a a buscar unha característica, virtude, habilidade, cualidade ou afición que a/o defina e que non debería cambiar nunca.

Escribídea (en galego) ma parte da tarxeta na que se inclúe a frase "Non deixarei de...".

Na parte traseira desa tarxeta facede un debuxo que represente o que escribistes.

É importante que todo o alumnado traia este reto porque nos servirá para a realización da actividade conxunta coa que celebramos o 25- N, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.


3 de nov. de 2021

 XOGANDO NA BIBLIOTECA CO SISTEMA LUPO

Lupo é unha ferramenta educativa que desenvolve de modo cooperativo o pensamento lóxico e creativo con centos de retos e niveis de dificultade e apto para todas as idades.

Utiliza a arquitectura como disciplina transversal clave para interpretar a realidade que nos rodea e introducirnos no coñecemento de moitos campos e disciplinas como o urbanismo, o dibuxo, a arte, a xeometría, a historia, as matemáticas ou o pensamento científico.

A experiencia lupo permite ao participante profundizar en certas habilidades /destrezas de carácter técnico, intelectual, visual (2D o 3D) ou motriz, pero fundamentalmente pretende desenvolver as aptitudes creativas e sociais a través de dinámicas de grupo en virtude do tamaño e características dos retos propostos.



 RELATOS Á LUS DO CANDIL

O venres 30 fixéronse as lecturas dos relatos "Contos á lus do candil". Pola biblioteca foron pasando os diferentes cursos para que o alumnado de 5º e 6º os agasallasen con historias do máis terrirífico.  A biblioteca, decorada para a ocasión, foi recibindo a visita dos valentes que se atreveron a pasar medo mentras escoitaban narracións arrepiantes e pavorosas!!


27 de out. de 2021

26 de out. de 2021

 LECTURAS PARA FESTEXAR O SAMAÍN

Dende a biblioteca queremos festexar o Samaín, para facelo propuxemos varios libros para ler na clase ou na biblioteca durante esta semana terrorífica. A continuación mostramos algñuns dos títulos expostos.



 "TEITOS A EITO"

O Procexto Anual deste ano leva por título "Teitos a eito". Con este proxecto pretendemos que o noso alumnado investigue sobre os diferentes tipos de edificacións, realicen diferentes construcións ou visiten as edificacións máis destacadas da nosa contorna.

Para festexar a inauguración deste novo proxecto o alumnado realizou os seus teitos.

23 de out. de 2021


 CONCURSO CARACTERIZACIÓN DE TINTEIRO "TEITOS A EITO"

A gañadora do concurso celebrado para caracterizar a nosa mascota do noso Poxecto Anual foi Daniela de 4º de Primaria. Noraboa!


 TINTEIRO ENTRÉGANOS AS CHAVES DA BIBLIOTECA A TRAVÉS DUN XOGO DE PISTAS



22 de abr. de 2021

 DÍA DO LIBRO

O ALUMNADO DO CEIP DE CEDEIRA, PARA FESTEXAR O DÍA DO LIBRO, FIXO UN CONTO QUE LEVA POR TÍTULO "TODOS XUNTOS PODEMOS.



17 de mar. de 2021

 8 DE MAIO DÍA DA MULLER.

Para celebrar o día da muller, o alumando do CEIP de Cedeira, decidiu investigar algunhas das mulleres máis relevantes de Galicia. Podedes ver os traballos facendo clik no link que aparece debaixo da imaxe.

https://view.genial.ly/604f94f181f77e0d75a3dbf2/interactive-content-investigamos-a-vida-e-obra-dalgunhas-mulleres-galegas

18 de feb. de 2021

 

San Valentín

Dende a biblioteca queremos celebrar o día do amor, por iso propuxemos varios libros para ler na clase durante esta semana.

ENTROIDO

Dende a biblioteca queremos celebrar o Entroido, por iso propuxemos varios libros para ler na clase durante esta semana.


 

28 de xan. de 2021

Día da Paz 

Dende a biblioteca queremos celebrar o Día da Paz, por iso propuxemos varios libros para ler na clase durante esta semana.