ACTIVIDADE DE CONCIENCIACIÓN NO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
O 25 de novembro celébrase o día Internacional Contra a Violencia de Xénero. No noso centro, todas as clases fixeron a lectura do libro "Eu vou comigo" de Raquel Díaz Regueira. Posteriormente, tratamos a importancia de non renunciar quen somos por gustarlle a alguén, xa que se o facemos pasaranos como a protagonista, quedarémonos baleiros e sen personalidade.
O alumnado do centro, en colaboración coas familias, tivo que facer un debuxo e escribir o que nunca deixarían de ser ou facer por ninguén xa que esa característica o define como persoa.
A continuación mostramos unha foto da nosa protaginista baleira e logo chea de todas esas cousas que o alumnado do CEIP Plurilingüe de Cedeira non está disposto a cambiar.