3 de nov. de 2021

 XOGANDO NA BIBLIOTECA CO SISTEMA LUPO

Lupo é unha ferramenta educativa que desenvolve de modo cooperativo o pensamento lóxico e creativo con centos de retos e niveis de dificultade e apto para todas as idades.

Utiliza a arquitectura como disciplina transversal clave para interpretar a realidade que nos rodea e introducirnos no coñecemento de moitos campos e disciplinas como o urbanismo, o dibuxo, a arte, a xeometría, a historia, as matemáticas ou o pensamento científico.

A experiencia lupo permite ao participante profundizar en certas habilidades /destrezas de carácter técnico, intelectual, visual (2D o 3D) ou motriz, pero fundamentalmente pretende desenvolver as aptitudes creativas e sociais a través de dinámicas de grupo en virtude do tamaño e características dos retos propostos.