24 de xan. de 2023

Novidades e recomendacións lectoras



Durante este trimestre, fixemos novas adquisicións na Biblioteca do centro de todo tipo de xéneros e para todas as idades e selección de libros que recomendamos. Animádevos a coller en préstamo para ler ou levar para as vosas casas.




 

Club de lectura

 


Animación lectora primero

 Un agasallo diferente 







30 de xaneiro


O pasado día 30 de xaneiro conmemoramos no centro o Día da Paz. Fixemos unha selección de libros relacionados con esta temática no recuncho de lectura, para que o profesorado e o alumnado, puidese levar ou facer uso deles durante esta semana. 
Despois do recreo, o alumnado baixou ao patio para facer a tradicional carreira solidaria patrocinada por "Save the Children" no que, cada curso, se comprometía a completar unha etapa dun percorrido arredor do colexio conseguindo letras que traían de volta para o centro. Despois da chegada de todo o alumnado, xuntáronse para formar entre todos a palabra "ACUBILLO".
Relacionado con esta actividade, creouse unha cantiga que podedes ler a continuación. Ésta foi a seleccionada para cantar e bailar en compañía das familias do alumnado, para dar o peche a esta fantástica e marabillosa conmemoración en Comunidade.




 

Obradoiro de creación de instrumentos musicais con materiais de refugallo

 

Durante os recreos, o alumado acudiu voluntariamente á Biblioteca a realizar un obradoiro de creación de instrumentos musicais con materais de refugallo. Esta actividade está relacionada co proxecto de centro no que, neste segundo trimestre, relacionouse coa música. Houbo moita participación e creacións moi divertidas e variadas.







Recuncho maker


 

Músicas da terra

O segundo trimestre foi dedicado ás músicas da Terra. Na entrada do centro, elaboramos un mural expositor con diferentes instrumentos e mulleres relacionadas co mundo da música en Galicia. Durante os recreos o alumnado podía experimentar tocando os diferentes instrumentos de forma individual ou facendo grupos ou pequenas bandas.