24 de xan. de 2023

30 de xaneiro


O pasado día 30 de xaneiro conmemoramos no centro o Día da Paz. Fixemos unha selección de libros relacionados con esta temática no recuncho de lectura, para que o profesorado e o alumnado, puidese levar ou facer uso deles durante esta semana. 
Despois do recreo, o alumnado baixou ao patio para facer a tradicional carreira solidaria patrocinada por "Save the Children" no que, cada curso, se comprometía a completar unha etapa dun percorrido arredor do colexio conseguindo letras que traían de volta para o centro. Despois da chegada de todo o alumnado, xuntáronse para formar entre todos a palabra "ACUBILLO".
Relacionado con esta actividade, creouse unha cantiga que podedes ler a continuación. Ésta foi a seleccionada para cantar e bailar en compañía das familias do alumnado, para dar o peche a esta fantástica e marabillosa conmemoración en Comunidade.