LEMBRANDO A XOHANA TORRES
A escritora e académica da RAG, Xohana Torres, nacida en Santiago de Compostela en 1931, finou en
Vigo o pasado 12 de
setembro, aos 85 anos de idade.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhDiHVwRNJLd-mAuz5jX1JNuQ9YebipS1XT7LjQcZ8cE-ycMsyA1VorYdxrBZetjvq-1XF9FOynRP5myoOPRfhsCtlIK5LIILmUFEkeu2jhyphenhyphen_Sn8UOAjzOt0v6wfDnZTVnj6MnLNdSGvSQ/s320/IMG_2937.JPG)
setembro, aos 85 anos de idade.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjSU8JVZkKevDYb3G3pZRcBTUa2BHyH3YXTN68RnxOdmW6PnWtEnO9n7KkWUNZlM3NSRc3DvEHWJfPvK-8ocP0pqhNabJYdZx6F0irKbVdafQZNbrd9uHKP-IZ0fcQmSUIr7nslRPwHcpg/s320/xohana+torres.jpg)
É unha das voces máis destacadas das letras galegas contemporáneas que medraron na posguerra, cuxa obra abrangue a poesía, a narrativa, o ensaio e a literatura infantil
Na Biblioteca do CEIP de Cedeira xa tiña un lugar destacado
personalizando unha das Mochilas Viaxeiras
O seu derradeiro libro: “Elexía a Lola”, está adicado á súa avoa que lle aprendeu a fala
galega máis íntima e a cultura popular.
Vaia esta homenaxe para ela e para tódalas avoas e avós,
pais e nais, mestres e mestras, …que nos fan medrar no noso idioma.
Agora que comeza o curso e o outono, neste momento en que
nos gusta relembrar o ben que o pasamos no verán, é fermoso recordar un poema
de Xohana Torres, “¿Pódese áinda…?”, do libro “Estacións
ao mar”. Neste poema, a autora recorda as festas do verán da súa infancia e
xuventude
" Pode unha aínda,…
alteradas as
tapias e os anhelos
entrar de novo á casa, achegarse
ao faiado.
Posta de bruzos, erguer a vista
ao ceo,
contemplar os foguetes da
verbena máis próxima