26 de set. de 2017

 
            LEMBRANDO A XOHANA TORRES


A escritora e académica da RAG, Xohana Torres, nacida en Santiago de Compostela en 1931, finou en Vigo o pasado 12 de 
setembro, aos 85 anos de idade.















É unha das voces máis destacadas das letras galegas contemporáneas que medraron na posguerra, cuxa obra abrangue a poesía, a narrativa, o ensaio e a literatura infantil
Na Biblioteca do CEIP de Cedeira xa tiña un lugar destacado personalizando unha das Mochilas Viaxeiras
O seu derradeiro libro: “Elexía a Lola”, está adicado á súa avoa que lle aprendeu a fala galega máis íntima e a cultura popular.
Vaia esta homenaxe para ela e para tódalas avoas e avós, pais e nais, mestres e mestras, …que nos fan medrar no noso idioma.
Agora que comeza o curso e o outono, neste momento en que nos gusta relembrar o ben que o pasamos no verán, é fermoso recordar un poema de Xohana Torres, “¿Pódese áinda…?”, do libro “Estacións ao mar”. Neste poema, a autora recorda as festas do verán da súa infancia e xuventude
" Pode unha aínda,…
 alteradas as tapias e os anhelos
entrar de novo á casa, achegarse ao faiado.
Posta de bruzos, erguer a vista ao ceo,
contemplar os foguetes da verbena máis próxima
e os cometas que cruzan polos ceos de agosto ... "