31 de xan. de 2022

 DÍA DA PAZ

Neste vídeo que se pública debaixo do texto, pódese observar como o alumnado do cole de Cedeira foi construíndo un pequeno pobo. En cada unha destas casas pódemos ver pegadas unhas pombas as cales levan escrito un valor relacionado coa paz.





 DÍA DA PAZ

Durante a última semana do mes de xaneiro, dende o centro, queremos dar a coñecer os valores que fan posible a paz a través de varias actividades. A biblioteca pon a disposición unha serie de libros onde se tratan valores como a amizade, o compañeirismo ou a solidariedade entre moitos outros. A continuación podedes ver algúns dos libros que lemos.