12 de nov. de 2021

 DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Dende a biblioteca e o equipo de dinamización da lingua galega imos tratar a violencia de xénero a través da educación emocinal.

O obxectivo desta actividade é concienciar ao alumnado da importancia de non deixarse influir polas opinións e comentarios de outras persoas nin cambiar os nosos gustos só para agradar aos demais. Trátase de educar os nenos e nenas con ideas propias, seguros de sí mesmos/as e, polo tanto, menos vulnerables ante calquera forma de violencia que se tente contra eles.

Esta actividade está baseada no libro "Eu vou comigo" que podedes coñecer dandolle play ao vídeo que mostramos ao final do texto.

O reto consiste en axudarlle ao voso fillo/a a buscar unha característica, virtude, habilidade, cualidade ou afición que a/o defina e que non debería cambiar nunca.

Escribídea (en galego) ma parte da tarxeta na que se inclúe a frase "Non deixarei de...".

Na parte traseira desa tarxeta facede un debuxo que represente o que escribistes.

É importante que todo o alumnado traia este reto porque nos servirá para a realización da actividade conxunta coa que celebramos o 25- N, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.