BOLETÍN LÚDICO!!!
Un ano máis o equipo de blblioteca
confeccionou con moito agarimo unha guía de libros
e de xogos que, clasificados
por cursos, resultarán divertidos e educativos para os nosos nenos e nenas e
para as súas familias.
APRENDE XOGANDO. XOGA APRENDENDO!
Abelliñas Zum Zum ou Little
Cooperation, para o alumnado de seis e sete anos;
Distraction Swish ou
Chocolate Fix para o alumnado de oito a doce son algúns dos xogos
que
recomendamos convencidos de que nos axudarán a mellorar as habilidades de
atención, memoria e planeación, a estructurar o pensamento e a planificar e
realizar accións.
XOGA LENDO. LE XOGANDO!
Baixo este epígrafe preséntase unha
escolma de libros en inglés. Clothes we wear,
A picnic surprise, A world of
sport… son algunhas das divertidas e entretidas historias
que propoñemos para
empezar o ano mellorando o noso inglés.
ESTE NADAL
APAGA O ORDENADOR E
ACENDE UN LIBRO!