13 de mar. de 2019

Gueguerías!!



GREGUERÍAS EN 5º DE E.P. !!


 O encoro é o cárcere da auga”

As nubes son as pantasmas que viven no ceo” 
A borrasca é o enfado da choiva”

A mangueira é unha serpe que expulsa auga fresca”.

O alumnado de 5º de primaria puso en marcha un obradoiro de greguerías, que para os 
que non o saibades son metáforas breves e inxeniosas. Empregando como tema a 
auga, os nenos e nenas de quinto compuseron cousas tan inxeniosas como estas!


E agora que xa sabedes o que é unha greguería…

atrevédesvos a imaxinar unha?