24 DE FEBREIRO : DÍA DE ROSALÍA
Hoxe,sábado 24 de febreiro, cúmprense 181 anos do nacemento de Rosalía de Castro,unha muller revolucionaria e defensora de Galicia e do galego.
Son moitas as institucións que se suman desde hai anos a esta celebración do DÍA DE ROSALÍA que as bibliotecas escolares aproveitamos para dar a coñecer ao alumnado os poemas, a vida e o significado desta gran autora. A obra de Rosalía cobra vida nas voces de nenas e nenos que recuperan en recitais, lecturas compartidas e todo tipo de actividades a forza da súa palabra.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega convida neste 2018, baixo o lema #AbrideAFiestra, a celebrar este Día de Rosalía co agasallo dun libro galego e unha flor a amigos e familiares.
Si che interesa coñecer a súa vida e a súa obra so tes que premer na foto de Rosalía que está na marxe dereita do noso blog e enteraraste de todo.
Si che interesa coñecer a súa vida e a súa obra so tes que premer na foto de Rosalía que está na marxe dereita do noso blog e enteraraste de todo.
Na próxima entrada deste blog darémosvos conta das actividades realizadas polos nenos e nenas de Cedeira durante o venres 23 e o luns 25 para festexar esta data tan querida.