TRIBUS POLA PAZ
Aproveitando que este ano o proxecto do cole é "OS POBOS INDÍXENAS",non quixemos esquecer no día da paz o sufrimento e o abuso que estes padeceron e padecen por parte do "home civilizado": ocupación dos seus teritorios,xenocidio,confinamento en reservas,desaparición forzada das súas raices culturais e forma de vida tradicional,aillamento ,marxinación ,explotación...
Así que dende a biblioteca tratouse para este día ,de xeitos diferentes, a visibilización desta problemática e a reinvindicación dos dereitos de ditos pobos a ser respectados e vivir en paz.
Dende a mensaxe de Toro Sentado ao presidente Franklim,a problemática dos Yaguas e Ticunas no Amazonas,dos Inuits ou dos Mayas e os Incas.