UNHA MAÑÁN CHEA DE POESÍA
Este luns tivemos a sorte de disfrutar da compaña de García Teijeiro na nosa biblioteca , da man do Faro da escola.
Os afortunados foron os nenos e nenas de 5º e 6º curso que pasaron unha agradable mañán falando de poesía e literatura.
O autor aproveitou para presentarnos a Martiño,un títere mariñeiro que o acompaña e anima aos nenos e nenas a ler.Da súa boca foron saíndo varios dos poemas do libro "POEMAR O MAR".
Unha sorte poder contar coa presenza do último Premio de Literatura Infantil e Xuvenil na nosa biblioteca.