Ola!!! Bo Nadal a tod@s. Como é tempo de agasallos, deixámosvos unhas recomendacións para que nun oquiño da carta metades un libro, para este Nadal. Premede na imaxe e veredes a Guía de Nadal que vos propón o equipo de biblioteca. Felices Vacacións!!!
Amosando publicacións coa etiqueta ACTUALIDADE b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ACTUALIDADE b>. Amosar todas as publicacións
27 de dec. de 2016
23 de nov. de 2012
MISTER LIBRO INFORMA DA CHEGADA DO NOVO AXUDANTE
-Ola
amiguiños!
Estou moi
contento!
Por fin atopei
@ axudante de biblioteca perfecto!
Coñecino
navegando polo mar das lecturas e pedinlle que me botase unha man. Digo, unha
man? Máis ca unha man! Oito “mans”
dispostas a traervos as historias de tesouros agochados na nosa ría, e
espallalas por todo o colexio e ata, por toda a parroquia e máis alá!
Pero… hai un
problema… este personaxe évos moi guasón e non me quere dicir como se chama.
Así que vós teredes que probar a descubrilo. Podedes pedir axuda na casa aos
pais, aos avós, a irmáns maiores (aqueles que “navegan” moito, ao mellor xa
@coñecen). Vale preguntar aos pescadores e aos mariñeiros e tamén buscar nos
libros… Ánimo! Hai que conseguilo!
Eu tamén axudo!
Cando saibamos como chamarlle, gustaríame retirarme a descansar.
Xoguemos a
NOMEAR!
Un biquiño de
papel.
Muá, muá!20 de nov. de 2012
ESTREA DO BLOG
Esta é a primeira entrada do blog da Biblioteca de Cedeira. Nela incluimos a imaxe da nosa mascota, Mister Libro. En breve presentarémosvos ao seu novo axudante.
Nestes momentos o blog está comezando, polo que moitos apartados non teñen contidos. Pouco a pouco os iremos enchendo.
Nestes momentos o blog está comezando, polo que moitos apartados non teñen contidos. Pouco a pouco os iremos enchendo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


