CELEBRANDO O SAMAÍN
Hoxe 29 de outubro celebramos por adiantado a festa do Samaín.
Quen mais quen menos amosaba esta mañán o seu aspecto mais terrorífico;a cousa metía medo.
Os corredores ,tamén decorados para a ocasión ,enchéronse de gatos negros, esqueletos,morcegos,bruxas...
Cada clase elaborou unha manualidade relacionada co tema e
os /as alumnos/as de 6º, ataviados para a ocasión, visitaron cada unha das aulas trocando caramelos por manualidades coas que ao final se montou o mural do Samaín 2015.
30 de out. de 2015
26 de out. de 2015
BIBLIOTECA EN MARCHA
Despois da reapertura e da entrega das Mochilas Viaxeiras pódese dicir que a nosa biblioteca está xa a pleno rendemento.
Cada día son moitos os nenos que aproveitan o recreo para coñecer as novidades,facer uso do servicio de préstamo ou simplemente pasar un bo rato entre libros.
Para atendelos debidamente xa tomaron posesión do seu cargo @s nov@s axudantes de biblioteca.
Seguro que o van facer de maravilla!!
Este ano as Mochilas Viaxeiras renovaron os seu contidos para adaptarse mellor aos gustos d@s lectores e ao tempo dispoñible das familias.
Ademais cada unha delas leva o nome de escritores/as galegos/as cunha breve biografía.
¡ DESEXÁMOS QUE VOS GUSTEN !

CELEBRACIÓN DA REAPERTURA
O venres 23 , tal como estaba previsto, celebramos a reapertura da nosa biblioteca.
Durante toda a mañana pasaron por ela todos os /as alumnos/as para recordar as normas de funcionamennto e ver o corto "Los libros voladores del señor Morris".
Foi unha mañán entretida, sobre todo para os nenos e nenas de 1º curso que recibiron os seus carnets de lectores do trinque.
Ademais fíxose entrega a cada un dos cursos de dúas Mochilas Viaxeiras cheíñas de novidades.

23 de out. de 2015
20 de out. de 2015
Queridos amigos: teño o pracer de comunicarvos que a biblioteca volverá a abrir as súas portas para todos vós o vindeiro venres 23 de outubro.
A partir de ese día estará aberta todos os recreos para que vaiades consultar,coller ou devolver os libros que necesitedes.
Agárdovos a tod@s para celebrar xuntos este importante día.
Ata entón bicos de tinta.
PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL
Este ano o importantísimo Premio de Literatura Infantil e Xuvenil foille concedido a escritora galega Ledicia Costas polo seu libro "Escarlatina, a cociñeira defunta".
Este libro xa recibira outros recoñecementos como o Premio Merlín de Literatura Infantil, o Premio Xosé Neira Vilas ou o Premio Fervenzas Literarias , ademais de ser incluido na prestixiosa lista IBBY(International Board on Books for Young People) para o 2016.
Durante o curso 2014-2015 a historia de Escarlatina tivo moito éxito entre os/as lectores/as das bibliotecas escolares e os clubes de lectura de todo o país .
Parabéns a Ledicia Costas!
Estará en breve á vosa disposición na nosa biblioteca.
HABERÁ QUE LELO NON?
16 de out. de 2015
RECORDANDO A MANUEL MARÍA
O pasado día 6 de outubro cumpríronse 86 anos do nacemento de Manuel María,autor que será homenaxeado o próximo Día das Letras Galegas.
Este escritor , que naceu en Outeiro de Rei (Lugo) no ano 1929,tamén é coñecido como o poeta da Terra Chá.
Ao longo do curso iremos traballando nas nosas aulas diferentes poemas del co fin de coñecer mais polo miúdo a súa obra.
Neste mes de outubro comezarémos cos poemas do seu libro "Sonos na gaiola" do que vos deixamos este fermoso adianto.
Galicia é o que vemos:
a terra, o mar, o vento…
Pero hai outra Galicia
que vai no sentimento!
Galicia somos nós:
a xente e mais a fala.
Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala!"

"Galicia docemente
está ollando o mar:
ten vales e montañas
e terras pra labrar!
Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
cargados de traballos,
cargados de trafegos!
Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!
está ollando o mar:
ten vales e montañas
e terras pra labrar!
Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
cargados de traballos,
cargados de trafegos!
Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!
Galicia é o que vemos:
a terra, o mar, o vento…
Pero hai outra Galicia
que vai no sentimento!
Galicia somos nós:
a xente e mais a fala.
Se buscas a Galicia
en ti tes que atopala!"
13 de out. de 2015
NOVO CURSO-NOVO PROXECTO
Bo curso para todos os nenos e nenas do cole de Cedeira, estaba desexando
atoparme con vós.
Nesta nova andaina imos
traballar todos xuntos nun fermoso proxecto titulado “ConToneArte” que como xa
imaxinaredes vainos axudar a
coñecer a fondo as manifestacións artísticas mais cercanas a nós.
Durante o primeiro trimestre
adicarémonos á arquitectura, no segundo investigaremos sobre a pintura e a música, remataremos no
terceiro centrándonos na escultura.
Agárdovos con novidades na
nosa biblioteca ata entón bicos de tinta!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)