22 de dec. de 2022

Nadal na biblioteca






Este Nadal na biblio foi moi divertido. Poidemos desfrutar de moitas actividades de lecer en compañía do alumnado o profesorado e as familias.
En primeiro lugar, elaboramos un bonito mural na entrada do cole para darlle a benvida ó Nadal. Este mural estaba acompañado do noso calendario de adviento literario e diferentes materiais para experimentar como: bolas de porexpam para decorar, caixas, papel de regalo e lazos para envolver...




Durante os recreos na biblio aproveitamos para facer diferentes obradoiros relacionados co Nadal, os cales podedes ver a continuación:

 

O pillabán de Tinteiro agochouse todos os recreos do mes de decembro para que os nenos e nenas do centro o atopasen durante o momento do recreo. Quen coseguise atopalo levaba o premio e privilexio de abrir o día correspondente no calendario de adviento e levar o premio da chocolatina que atopase no seu interior. 









Unha das actividades desenvoltas no recreo durante todos os días de decembro foi completar un calendario de adviento literario no que, cada día, propoñíamos un libro que os nenos/as tiñan que buscar na biblioteca. Esta resultou unha boa forma de recomendar lecturas ao alumnado, fomentar o seu interese pola lectura e  e incrementar o seu coñecemento literario.



Novembro mes da ciencia en galego


Durante os recreos do mes de novembro para conmemorar o mes da Ciencia en galego, o alumnado organizou obradoiros con diferentes experimentos para expoñer diante dos compañeiros e compañeiras interesados en escoitar e adquirir novas aprendizaxes.


 


Algúns videos que recollen os experimentos que fixeron na biblioteca durante o recreo para o resto do alumnado.






Samaín


Samaín de conto

Durante esta última semana de outubro celebraremos o Samaín con diferentes actividades que se desenvolverán ao longo das mañás.


Como recomendacións lectoras para esta celebración expoñemos unha serie de contos relacionados coa temática desta festividade. Ademais animamos ao alumnado a que traian da casa unha cabaza caracterizada como un personaxe de conto.



Aquí vos deixamos un pequeno vídeo resumo de todas as actividades que se realizaron e o ben que o pasamos.


 Algúns vídeos máis que recollen a proposta contos á lus do candil.




En liña coa Terra

  A biblioteca inicia outubro con moitas novidades. 

As nosas portas ábrense literalmente para permitir que a biblioteca sexa un espazo máis aberto e accesible.


Iniciamos un proxecto interdisciplinar que leva por título "en liña " coa Terra, un achegamento á lingua galega dende a oralidade, a musicalidade e a expresión artística. 



Na biblioteca celebraremos concursos mensuais para a participación libre e voluntaria do alumnado. 


Este foi o concurso celebrado durante o mes de outubro.

Tamén poñemos en marcha o cumple tinteiro para cada mes fotografar aos rapaces e rapazas que cumplan durante ese mes.




24 de maio de 2022


  "DÍA DAS LETRAS GALEGAS" 

O pasado 17 de maio, conmemoramos o día das letras Galegas. Durante a semana realizamos diferentes actividades co alumnado para coñecer un pouco máis a figura do autor homenaxeado Florencio M. Delgado Gurriarán (xincanas, búsquedas de información, atopar o tesouro, xogos interactivos ou liña do tempo entre outros).


 

6 de maio de 2022

FEIRA DO LIBRO


  "FEIRA DO LIBRO" 


Con motivo da conmemoración do "Día do libro" o martes 26 de abril, desde a Biblioteca,  "construimos" a nosa particular "Feira do Libro" onde cada curso deseñou o seu propio stand para presentar os diferentes libros elaborados polo alumnado.









22 de abr. de 2022

EN ABRIL, LIBROS MIL

  EN ABRIL, LIBROS MIL.

Con motivo da conmemoración do "Día do libro" o vindeiro sábado 23 de abril, desde a Biblioteca, puxéronse a disposición do alumnado e profesorado diferentes títulos dos que se achega unha mostra e "construimos" a nosa particular "Feira do Libro" onde se presentarán diferentes títulos elaborados polo alumnado e tamén se intercambiarán flores para celebrar esta data tan especial.

 


21 de abr. de 2022

 CONSTRUÍMOS A NOSA LINGUA.

O alumnado do CEIP de Cedeira fixo un sky line. Nas fiestras e portas de cada edificio escribiron palabras en galego que foran totalmente diferentes a súa tradución ao castelán. 


 

8 de mar. de 2022

 LECTURAS 8-M

    Hoxe, 8 de Marzo co motivo do día da muller traballadora, queremos conmemorar esta data con diferentes actividades como por exemplo a lectura de libros relacionados con esta temática para os cales se puxeron a disposición do profesorado e do alumnado. Co fin de concienciar ao alumnado da necesidade da igualdade real entre homes e mulleres no mundo laboral e social.