3 de out. de 2025

"A biblioteca abre as súas portas con Jorge Campos e Olga Cuervo como convidados de honra"

 O próximo 24 de outubro celebramos con entusiasmo a apertura oficial da nosa biblioteca, un espazo pensado para o encontro, a aprendizaxe e a inspiración.

Contaremos coa presenza especial de Jorge Campos e Olga Cuervo, quen nos acompañará nesta xornada tan significativa. A súa participación marcará o inicio dunha nova etapa cultural para a nosa comunidade. 🕒 Hora: 10:00
📍 Lugar: Aula de música e biblioteca Esperámosche para compartir este momento único, percorrer as nosas instalacións e descubrir todo o que preparamos para ti.







A lectura únenos!

15 de set. de 2025

Benvidos ao novo curso escolar 25/26

 

    Co inicio do novo curso, a biblioteca escolar prepárase para abrir as súas portas con máis entusiasmo que nunca. Este ano, a inauguración oficial será o 24 de outubro, unha data que marcará o comezo dunha etapa chea de lecturas, descubrimentos e actividades pensadas para toda a comunidade educativa. 

    A biblioteca non só renóvase en espírito, senón tamén en contido: contamos con novidades literarias, novos espazos de lectura, propostas creativas e actividades que convidan a explorar o mundo dos libros desde múltiples perspectivas. Queremos que cada recuncho inspire curiosidade e que cada visita convértase nunha experiencia enriquecedora. Convidamos a estudantes, docentes e familias a formar parte activa deste espazo. Xa sexa para perderse entre páxinas, participar nos nosos clubs de lectura, asistir a talleres ou simplemente gozar dun momento de tranquilidade, a biblioteca está aquí para acompañar a aprendizaxe e a imaxinación. 

    Esperámosvos a partir do 24 de outubro con moitas sorpresas e ganas de compartir historias!

Con agarimo!